Mostrando entradas con la etiqueta HISTORIA DA AROUSA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta HISTORIA DA AROUSA. Mostrar todas las entradas

Entre mareas e desbrozadoras





O mar segue a traballar, aínda que por unha vez cun resultado inesperadamente interesante.




Na praia do Naso, onde xa son coñecidos os restos que continuamente os temporais están a estragar, algún cambio nas correntes descobreu agora algo có que non contabamos, pois supoñíamos que as construccións soterradas no tempo estarían ubicadas da liña da praia pra riba e non por debaixo da mallante.




Crémos que se trata da parte da construcción destinada á producción de sal, por estar mais preto do mar.




Destapada da capa de area que a cubría, que as correntes levaron pra outra zona da praia, asoman os restos dun muro ou parede, da que tamén se conserva un chan moi compactado fabricado con materiais da época para tal fin. Éste podería ser o lugar onde deixaban apousentada a auga do mar pra producir o sal por desecación. Probablemente a outra parte darriba fose unha salgadura onde traballaban có producto acadado aquí embaixo.




A parede semella alineada cós límites do resto da edificación darriba, hoxe xusto por baixo da pasarela, polo que debía formar parte do mesmo complexo.




A acción da climatoloxía tamén segue imparable có proceso de descoberta da parede aparecida no límite norte do edificio, destacando cada vez mais o seu perfecto estado de conservación, alomenos de momento, namentras a mesma acción da natureza non comece a estragalo. Só é cuestión de tempo si non se bota man.




Ate aquí as novedades dembaixo na praia, porque subindo á necrópole dos Bufos, tamén se observa o resultado dunha acción de desbroce feita hai uns meses, que voltaron a sacar á luz os restos das excavacións da necrópole dos anos 60s das que aínda se pode atopar algunha cista en relativo bó estado, alomenos unha delas aínda non colapsou.




Por unha vez haberá que dar grazas á acción das desbrozadoras, esas temibles máquinas infernais de tanto perigo pra estas cousas.

Porén, desta vez convertéronse en aliadas dos amantes da historia ó descobrir, siquera temporalmente, esta testemuña que podemos desfrutar despois de mais de trinta anos agochada por toxos e silvas que, dito sexa de paso, foron os que axudaron a conservar durante todo ése tempo o pouco que queda daquela... digamos, discutida actuación arqueolóxica, cuxos informes repousan nalgún arquivo que semella mais misterioso que a propia necrópole, onde deben estar durmindo o soño dos xustos...

Entre as mareas e as desbrozadoras vannos achegando anacos da historia sen que poidamos mais que lamentarnos da escasa iniciativa de organismos e administracións competentes na laboura de preservar adecuadamente o nóso patrimonio arqueolóxico, entonando coma un eterno e fatídico estribillo a mesma letanía, e conformándonos có rexistro das novedades que a acción dos fenómenos naturais ou non tan naturais nos descobren unhas veces, e outras nolo destrúen, periódica e inexorablemente.

tic, tac, tic, tac...








Os Bufos, o descobrimento



Nestes días pasados caíron nas nosas mans uns recurtes de periódicos antigos verdadeiramente interesantes, nos que se daba conta de certos acontecementos de relevancia na nosa Illa. Cousa por outra banda verdadeiramente non usual, pois non eramos os da Arousa os que enchiamos daquela as columnas da prensa. Gostamos de facer partícipes destas xoias ós leitores pandulleiros, pequenos anacos da nosa historia nos que se relata un acontecemento singular sen dúbida. O casual achádego dos primeiros restos da Necrópole dos Bufos:

Seique foi o Siñor Francisco Otero Dios, (o difunto Siñor Paco "Malasuerte"), o que personaliza a nova publicada en El Compostelano, que conta que nos primeiros días do mes de setembro de 1931 descubreu a primeira cista da necrópole mentres andaba pola zona do Faro á procura dunha lousa que poñer no umbral da porta da súa casa.

Panorámica do outeiro dos Bufos nos anos 60s, reconstruída en base a fotogramas do vídeo de Uxío Outeiro "Ilha de Arousa 1969-1970"


Tamén coñecemos outra versión que pode situar ése descobremento cecais un par de décadas mais cedo. Conta que foi o Siñor Ramón Otero (o Sr. Moncho de "Sete Carros") o que, sendo un rapaciño que ía acompañando á súa nai a cachar batume pola zona, descobreu os primeiros enterramentos. De ser certo, calculamos poderíamos estar falando da década do 1910.

De calquera xeito, o evento que tanto trascendeu á prensa foi o primero, polo que, voltando ó relato do Sr. Paco Malasuerte, imaxinamos a súa sorpresa cando, dunha vez que deu atopado unha pedra coas características que precisaba, botoulle as mans e ó virala veu que por baixo déla aparecía o que era a cámara dunha sepultura cun "inquilino" dentro... ou mais ben o que quedaba dél.


El Compostelano, 23-Setembro-1931
O esqueleto completo dunha persoa xacía alí deitado e, segundo as crónicas dos días seguintes na prensa da época (temos algunhas notas dos diarios El Compostelano e El Progreso) sempre aparecían con orientación do Abrente ó Solpor, e dispoñían dunha ou de dúas cámaras, unha enriba doutra, atopándose neste último caso o cadáver na cámara dembaixo, coa cabeza un pouquiño mais elevada que o corpo, pousada nunha caste de almofada feita de terracota ou cerámica, á que lle foi dada a forma axeitada para ese fin. Déstas pezas destacan nos artigos que presentaban o que lles pareceron unhas estranas "marcas de dedos" sen mais explicación, e que algunhas cistas aparecían co interior das lousas recuberto de cerámica (probablemente placas de tégula romana) e noutras só pola parte da cabeza, mais en tódolos casos cubríase o conxunto cunha lousa de pedra sen labrar. Vamos, cun "pandullo" en todo orde ;-)


Esqueleto de necrópole romana, igoalmente recuberto con tégula. link á FONTE: http://wikimedia.org - FOTOGRAFÍA: Alvaro Perez Vilariño, - Os restos consérvanse no Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón.



Noutro pequeno recurte de prensa no diario "El Compostelano", un arqueólogo alemán, o daquela eminente Dr. Ernst Gamillscheg, achegouse ata alí nunha primeira visita, da que ficou gratamente sorprendido, tanto polo xacemento, como -segúndo confesou él mesmo- polas paisaxes da Illa de Arousa, facendo a promesa de voltar e instalarse no vran seguinte, ademais de manifestar a súa intención de dar axiña unha conferencia en Berlín sobre ésta experiencia na Illa. Faremos por aí arredor algunha procura a ver si atopamos algo disto na obra e milagres do sabio alemán.


Nesta imaxe pódese comrobar a posición do defunto coa cabeza ergueita, igoal que nas tumbas dos Bufos, que pode ser da mesma época. FONTE: http://alanzada.wordpress.com FOTOGRAFÍA: Sepultura tardoromana (séculos IV-V) exhumada nas excavacións dos anos 60 (Blanco Freijeiro Fusté Ara e García Alén). Cortesía do Museo de Pontevedra.


No diario El Compostelano da imaxe de mais arriba aparece o relato doutra excursión que tamén fixo ós Bufos o doutor Varela Santos, daquela un afamado oftalmólogo galego, e por demais devoto da arqueoloxía, que lle prestou unha grande atención a este xacemento descuberto na Arousa. Reflexou a súa experiencia nesa crónica publicada o 23 de setembro do 1931, da que extractamos o seguinte anaco pola súa peculiaridade:


"Una turba de niños que me rodea y que esperan siempre la llegada de algún viajero, nos dice con ademán misterioso que hay un lugar en la Isla que el visitarlo es un peligro, ya que hace apenas veinte días, aparecieron sepulcros atiborrados de esqueletos y que en la noche, se escuchan ayes lastimeros, arrastrar de calabrotes, lúgubres cantos y sonar de cuernos agoreros"

Este pormenorizado relato dá conta dabondo do lixeiro que callou no imaxinario colectivo dos nosos abós o que se atopou nos Bufos, con semexantes esaxeracións cando non invencións relativas ó suceso, seguramente para darlle a relevancia que consideraban que tiña o achádego.

E como derradeira curiosidade, non podemos resistirnos a facer mención a outra frase deste narrador no mesmo artigo, que transcribiremos tamén literalmente:


"He ahí el lugar donde un indígena pocos días ha, buscando una piedra para construir su hogar, observó que las aguas invernales descarnando la tierra, pusieron al desnudo una losa que nunca sospechó que cobijaría el esqueleto de un hermano en el tiempo..."

Vaia, que xa daquela as xentes da Arousa eramos pra moitos "de fóra" uns indíxenas, unha rara variedade humana endémica desta Illa no medio da Ría, á que moitos viñan pra disfrutar das nosas formosas paisaxes.

Dende aqueles días tamén se achegaban pra facer un interesante e misterioso encontro có pasado...










O encascado, un traballo prá historia





Ata finais dos anos 60 as redes eran de fío de fibras naturais, de algodón, liño, cáñamo… Cando se produxo a chegada dos fomentadores cataláns coas súas novas técnicas de salga e pesca, trouxeron con eles o tratamento das redes tal e como se levaba facendo nas costas levantinas dende séculos...



Unha desas técnicas era a do "encascado", que consistía na cocedura dos panos e redes nun "caldo" a base de caropas de pino, o que lle daba unha consistencia e durabilidade óptimas a aqueles aparellos de pesca feitos de fibra vexetal natural. Este tratamento tamén se facía coas velas e mais coas nasas, que daquela usábanse acotío nas faenas do mar. Como se adoitaba darlle este mantemento varias veces no ano, había que andar lixeiro pra pedi-la mellor vez (como logo veremos) neste proceso coa que levar os aparellos nas mellores condicións.

Coma tódolos barcos, achegábase a terra o "Amalia" e o seu patrón, o Siñor Ramón, aproveitaba pra lle dar ordes á tripulación de que antes amarrar tiñan que baldexa-la rede, para entregala en condicións apropiadas na de José María Patón, onde xa tiñan a vez collida pra encascala primeiro, e despois ser repasada polas atadoras.


a Caldeira de encascado
Na parte de atrás da taberna de Patón, tiñan o cascadeiro, dotado dunha caldeira e varias pías diferentes. A Caldeira, estaba composta por un lar revestido por ladrillos refractarios sobre os que se situaban un caldeiro de cobre cunha capacidade duns catrocentos litros.

As encargadas de encher de auga a caldeira, eran as súas fillas, principalmente a maior Fermina. Moitas veces non lle chegaba coa auga do pozo da casa e víanse na obriga de acarretar en sellas dende o río da Fontiña do Campo ou cando non, dos pozos dos veciños.

Coa caldeira chea de auga, botaban a "casca" (a caropa de pino) e o "tanino", pra cocela dándolle unha fervedura durante oito horas. Os tramallos e demais aparellos do día, non se mesturaban có “tanino”, so coa casca


a "casca" de caropa de pino
A casca  era feita coa caropa de pino ben moída con un pisón de madeira (rematado nunha ferradura ou grocha) e non valía calquer pino, tiña que ser pino silvestre. Adoitaban mercala nos serradoiros que as servían en sacos de 25Kg. O “tanino” era un produto que se mesturaba na coción para darlle máis consistencia (alquitrán, chapapote).

Esta infusión colada, botábase nunha pía onde xa estába a rede e había que deixalo afacer durante 24 horas, remenxendo de cando en vez. Pra éste traballo había un experto do que sempre bodaban man, e non era outro que aquel home que foi tan popular naqueles anos na Arousa: "Reipedro".


unha pía pra escorrir redes pequenas
Pasadas as 24 horas trasladábanse as redes á escorrideira, que non era senon outra pía cun sollado de madeira no fondo que permitira escorrela. Poñíanse varias, unha por riba de outra, polo que era frecuente a loita por ser o primeiro, pois a gravedade facía o seu traballo, e a rede dembaixo era a que quedaba mellor escorrida. Había verdadeiras rifas por acadar a mellor posición, o que obrigou ó Sr. Patón a levar un control das chegadas, anotando nunha libreta a orde estrita das encargas.


A derradeira fase deste laborioso proceso era acarretar os materiais encascados e tendelos a secar nun campo coa amplitude acaída, unhas veces no Campo de Riasón, outras no Aguiuncho…

Así era como saían ó mar os nosos devanceiros non hai tanto tempo, antes de que os novos materiais sintéticos marxinasen pró curruncho da historia a aqueles aparellos feitos de materia natural, como aconteceu con tantos outros, dende o mango dos Rastros ou dos Raños, ata os "palillos" das cordas, e aínda as propias Dornas, xa desprazadas dende hai anos polas Planeadoras.

Do mesmo xeito que éstas modernas farramentas de hoxendía serán desprazadas no futuro por outras aínda moito mais óptimas, froito do infatigable inxenio humán, aínda que, cada cal no seu tempo, proporcionando a mesma utilidade e mérito funcional. Lei de vida.  







(X.D.O. 2014)

Graffiteiros dos Cóns


Artistas, canteiros... alomenos durante os derradeiros cento cincuenta anos algunhas persoas, case todas anónimas e armadas de cincel e martelo adicáronse por razóns que tamén son descoñecidas a gravaren nas laxes da nosa xeografía insular toda unha caste de expresivos debuxos que, cando menos condúcennos á curiosidade.

Éstes son os únicos gravados en pedra dos que dispoñemos, pois incomprensiblemente nun lugar cun patrimonio arqueolóxico tan rico coma o que temos pola nosa xeografía e os illotes do Areoso e Jidoiros -da que non imos descobrir aquí nada novo-, bén certo é que adoecemos totalmente de Petroglifos, eses traballos ancestrais en pedra dos que tan estupendas mostras temos espalladas por tódolos pobos veciños arredor da Ría.

Parece que os nósos ancestros non se aplicaron moito en aprenderen aquela arte de expresaren a súa vida cotián nas boas laxes que temos pola Arousa, ou acaso tamén pudera ser que no medio dos arrasos de extracción de pedra que se teñen feito por toda a nosa contorna alomenos durante o último século, levasen por diante algunhas mostras dese arte rupestre que puderan ir dun xeito ou doutro no medio.

En fin, que como os gravados en pedra dos que dispoñemos parece que non teñen tanta antiguidade, ímoslle chamar "graffitis pandulleiros" para que a súa denominación non nos conduza a erros temporais.

Sen mais demoras, aí vai a listaxe dos que temos ata o momento:



DIOS... Iso é o que se quere lér nesta grabación inserida na parede interior dun Cón de considerables dimensións que foi cortado polos canteiros, e fica xusto por detrás do Cón de Navío. Semella que outro graffiteiro pintor quixo deixar a pegada do seu paso deixando tintadas de azul as gabias da grabación a cincel. Por debaixo dela con moita dificultade distínguese o que semella unha data en números romanos, aínda que é ben dificil de adiviñar.

VIRXE: No Con do Forno, é verdadeiramente unha imaxe ben traballada, ata se recoñecería a unha persoa. Polos detalles semella unha Virxe. Tampouco sabemos si é obra de Camilo Otero, nin si habería algun xeito de comprobalo. Entraría dentro do posible. Hoxendía resulta prácticamente indistinguible. Grazas outra vez a A Illa dos Carcamáns por esta foto de 1986, porque agora sería irrealizable.

MARCAS DE CRUS: Nas laxes aflora este pandullo moi preto da carretera nova de circunvalación onde foron marcadas dúas cruces probablemente nos anos 60. Os rapaces da época teñen contribuído tamén na faena, pegándolle algún que outro "sinselaso". Porén fica descoñecido o motivo inicial destas marcas. A ubicación exacta é árrente da casaa do pinche da derradeira ringleira de casas baratas das Laxes, a que fica mais preto da carretera nova.

IGREXA: Nun dos Cóns que dividen as praias que seguen ás Aceñas. É un debuxo verdadeiramente laborioso e estupendamente traballado, seguramente obra de algún canteiro que, cecais no tempo libre se lle dou por nos deixar o regalo desta obra.

CRUCEIRO: Atópase ó pe do mesmo Cón no que foi gravada a igrexa, porén non semella moi vencellado con ela, pois as liñas non son tan finas. Antóxasenos que podería ser unha marca que quixeron deixar os familiares dalgún afogado que acaso pudo ser atopado nese lugar da praia.

O FARO: Éste pode ser o que mais claramente se lle aprecia algún senso ou relación, pois reflexa a planta exagonal da torre do Faro de Punta Cabalo, nunha laxe mesmo ó pé dela. O que non semella tan clara é a función práctica deste debuxo, porque si tén algo que ver coa construcción da obra, gravar un plano nun cón parece bastante mais traballoso e difícil que facelo en papel...

A CAVEIRA DO SANTO: Ubicado ó pé da estatua do Santo, cecais poida ser tamén obra de Camilo Otero, mais non podemos confirmalo. Hoxendía está moi deteriorada, mais afortunadamente podemos dispor desta estupenda foto feita hai un par de anos, que nos foi cedida por A Illa dos Carcamáns, na que se aprecia con bastante claridade a feitura dunha caveira, como as órbitas valeiras ou o marcado maxilar.

O AFOGADO E O PASTOR: Éstas son as dúas obras mais coñecidas do escultor compostelán Camilo Otero que, por algunha razón persoal que se nos escapa, quixo deixar a pegada do seu arte con nós. Seica aínda hai algún mais agochado por algun sitio, si alguén o coñece sería estupendo completar este álbum.

VICTOR: Na praia "Portiña de Quilma", éste gravado xa lémbranos cando un deixa unha marca nunha árbore, nun muro, nun libro, etc., como facendo unha pequena trasnada. Neste caso, o tal VÍCTOR deixou debida constancia do do seu paso por alí.

CAZOLETAS: Éstas marcas semella que sinalizaban un antigo embalse de auga que recollía a auga onde nacía, no lugar de "As tres pozas", ó pé do Con de Navío e, debidamente canalizada, discorría por debaixo das terras de labor do Pedro Minguez. Unha obra posiblemente moi antiga, con orixe acaso na época romana, de cando había un poboado perto dalí, o primeiro poboado da Arousa no Naso-Bufos.

1891: Nos Cóns dun saínte que separa a Praia dos Espiños das Aceñas, da pequena. Éste enigmático "graffiti" non sabemos qué pode estar marcando. Ata onde podemos distinguir, o ano queda claramente marcado, pero inmediatamente seguido aparece unha "A" maiúscula, ou mais bén un signo con forma de frecha, que pudera indicar unha dirección por algún motivo que nos resulta mais enigmático aínda.


En calquera caso esperamos que aqueles que coñezan dalgún mais que nos poida faltar neste álbum nolo fagan saber para ilo completando, e así deixar rexistrado coa debida información este patrimonio Carcamán, do que tan orgullosos nos sentimos.

Na Arousa, sitio onde sempre sentimos fonda fascinación polos Cóns, aceptamos con satisfacción este legado anónimo có que os "Graffiteiros dos Cóns" nos quixeron agasallar algún día.









Hortensia, a nai dos temporais





Estamos nestes primeiros días do 2014 no medio e medio do inverno, que este ano semella completiño, pois xa nos leva agasallado con dúas semans de choivas torrenciais continuadas no escomezo, unha cicloxénese explosiva que fixo os seus estragos,  e o último ata o de agora témolo neste comezo do ano, con mais temporais de ventos moi violentos e choivas dabondo pa que poidamos repartir a esgallo. Non nos podemos queixar. Unha situación moi acaída pra lembrar aqueles días de hai cáseque trinta anos nos que os restos do furacán tropical  Hortensia que quedou marcado na conciencia colectiva como o paradigma da calamidade, como a definición por sí mesma de algo desastroso.

Galiza, ubicada no medio das masas de aire frío polar e dos aires cálidos de orixe tropical, convértese entre os meses de Outubro e Marzo, e mais concretamente no medio e medio do inverno, nunha das principais vías de entrada a Europa das borrascas e sistemas frontais orixinados no Océano Atlántico, e aínda ás veces dos últimos coletazos dos furacáns orixinados no Caribe, que de cando en cando achéganse accidentalmente ata nós.

Da hemeroteca do ABC sacamos
a noticia que deron do Hortensia
Foi no inverno do ano 1984 cando aconteceu o que  foi un dos temporais mais importantes dos últimos anos, e na opinión de moitos, o de mais calado nos recordos da xente que o viveu, pola importante repercusión que daquela acadou en tódolos medios, tanto galegos coma do resto do estado.

Durante os días previos xa se encargaron de “quentar” o ambiente os medios de comunicación adiantando novas e vaticinios climatolóxicos que auguraban un evento desastroso, aínda tendo en conta que daquela as prediccións do tempo non eran tan atinadas nin tan sofisticadas coma as que temos hoxe, trinta anos despois. Outros tentaban coa mellor intención sacarlle ferro ó asunto chamándolle “cola del huracán” ou “restos en forma de borrasca” ó desastre que se aveciñaba. Un furacán có seu “ollo” a só douscentos kilómetros de Fisterra.


Moitos lembramos a ansiedade coa que todos asistíamos ó inexorable paso das horas mirando pró ceo en busca dos primeiros síntomas do monstro que viña dereitiño pa nós  sen que pudésemos facer ren, agas agardar por él. Colexios evacuados á tardiña e clases suspendidas ata nova orde. E dentro do grande susto que en xeral se percibía na poboación, había un colectivo que directamente vivía có pánico dentro dos ósos. Os mariñeiros en xeral, e bateeiros en particular non sabían que facer coas embarcacións.  Os primeiros, á busca dun abrigo onde protexer a súa industria e con ela a subsistencia da súa familia. En canto ós bateeiros, descontaban resignados o tempo ante a imposibilidade de afrontar a situación con ningunha outra medida que non fose, si acaso unha derradeira revisión dos ancoraxes dos “muertos” que mantiñan en posición as bateas, pero sen a mínima posibilidade de reparar posibles defectos pola falla de tempo ante a inminencia do furacán.

Neste artigo da Voz de Galicia no 2012 lembraban
ó Hortensia
Creo lembrar tamén como á tardiña do xoves día 4 de outubro de 1984 os ventos e choivas que nos viñan acompañando durante todo o día cesaron de repente, dando lugar a unha sospeitosa e espesa calma, que de improviso nas primeiras horas da noite deixou paso a uns furiosos ventos que ían gañando forza por momentos e que chegaron case ós 200 kilómetros por hora segúndo as crónicas, acompañados dunhas choivas torrenciais non vistas en moitos anos. Os danos humans facilitados ó día seguinte acadaron os seis mortos e cincuenta feridos en Galicia.

En poucas horas, o reconto de danos materias foi impresionante, bosques arrasados, árbores arrincados, barcos e bateas afundidos, vivendas arruinadas con destrozos nas fachadas, nos tellados, etc., carreteras cortadas por inundacións, por derrubes de árbores ou de taludes, cortes eléctricos (por certo, na Arousa moito mais graves e permanentes no tempo, pois aquí sabemos moito diso).

Ó día seguinte na nosa Arousa en en toda a Ría, moitos mariñeiros andaban tolos en busca das súas embarcacións e das bateas que, arrincadas dos seus “espichos” foron desprazadas ata inesperados “atraques” ou cando non, acabaron directamente no fondo.

Entre as primeras decisións das autoridades estuvo a declaración de “situación de emerxencia” pola Delegación do Goberno.


Na nosa opinión, como “rescoldos” de todo aquelo, o que quedou no imaxinario colectivo da nosa comunidade foi un nome: “Hortensia” como definición en sí mesma dunha situación de calamidade xeral, e nos anos seguintes, nos que continuaron a producirse as habituais borrascas e temporais de tódolos anos, percibíase aínda nas almas da xente o medo a unha repetición do mesmo. De feito hoxendía, que xa van alá trinta anos, aínda lembramos con bastante claridade aquel susto, tódolos que tuvemos a ocasión de vivilo.



Pandullasos




---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------



Faro de Vigo, 27-09-2013






---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Faro de Vigo, 05-09-2013






---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Reportaxe Diario de Pontevedra, 01-09-2013






---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Publicación no Faro de Vigo o 12-07-2013





----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


A ILLA DOS MORTOS

"O Illote de Guidoiro Areoso 
é un dos sitios arqueolóxicos 
máis fascinantes de Galicia. 
Unha auténtica necrópole 
prehistórica no medio do mar".

     Isto nono dicimos nós, senon o noso admirado Manuel Gago, intrépido periodista e investigador experto na arqueoloxía, sobor do cal pregamos a Deus que nolo conserve moitos anos, pola conta que nos tén ós que gostamos das cousas da historia, e que realizou este estupendo vídeo coa axuda, entre outros, do noso Irmán Pandulleiro rianxeiro, dando nel cumprida conta cun acertadísimo acento épico-poético, dos importantes e asombrosos penúltimos afloramentos arqueolóxicos na Illa do Areoso, aquí, arrentiño de nós.



     Un vídeo que nos achega ó nosa riqueza arqueolóxica e do que fervorosamente recomendamos o seu visionado. Por certo, apreciado Gago, non é:  "Guidoiro Areoso", é sinxelamente:  "Areoso". Non fajas caso ó que digan por aí, e fainos caso a nós...  ;-)




----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------










Un menhir no Bao?





Mentres agardamos mais novas relacionadas coas investigacións a propósito da autenticidade do menhir de Quilma, gostaríamos de facer outra nova proposta por si os sesudos investigadores e historiadores consideran axeitado o seu estudo.

Tódolos veciños da Arousa coñecemos sobradamente o entorno da praia do Bao, e tamén moitos acaso reparamos algunha vez nese Cón que se ergue chantado nun pequeno entrante natural no mar na parte Sur, que marca a separación das praias do Bao e Camaxe.
Alomenos os turistas seguro que terán reparado nel bastante ó se decataren da práctica utilidade que se lle acadou a dar últimamente rotulando en varias das súas caras un efectivo e contundente aviso a navegantes: "proibido mariscar". Pra que logo digan que a Historia non serve pra nada...

Un Cón que sempre nos pareceu peculiar pola súa ubicación no lugar, na que destaca coa súa elegante figura, principalmente ó abrente do día, contrastando perfectamente a súa silueta contra os primeiros raios do amencer có Sol saíndo por detrás dos montes do Salnés. Hai que dicir que, aínda sen ter en conta a proposta que nos trae aquí, a estampa desas alboradas resulta dunha fermosura conmovedora. Na foto que acompañamos tratamos de demostrar isto, anque seguramente con escaso acerto. En calquera caso, observar unha alborada ó leste da nosa Illa é unha actividade sempre recomendable.

Xa de por sí, pola súa figura cuadrangular, a orientación ó abrente, o seu tamaño etc. resulta interesante para os que gostamos destas cousas da prehistoria, pero hai un elemento, cecais definitivo, que lle pode dar a este Cón a categoría de menhir que aquí propoñemos:

Ó pé dese grupiño de rochas onde se ergue o noso cón, aínda se conservan os restos dunha cista funeraria, que probablemente está vencellada con outras consideradas da Idade do Bronce que afloraron en Riasón, na zona dos Tarais, onde as podemos admirar, pois os dous lugares fican separados escasamente por medio quilómetro, a candasúa beira, Norte e Sur, do istmo do Bao. Intuímos que tanto pra riba desta cista como pra baixo pudo haber algunhas mais, aínda que pa baixo será imposible atopar nada, pois é unha zona de marisqueo trillada por anos e anos de remover no terreo. De feito a cista que aínda fica visible é unha das dúas que disque había no lugar, e a que queda probablemente aínda se conserva por estar ubicada demasiado arriba da seca como para formar parte do terreo útil de explotación marisqueira.

No noso grupo somos conscientes do arriscado destas propostas, polo que o que poidamos decir aquí deberá ser necesariamente contrastado polos correspondentes expertos e estudosos destes temas, si ha lugar. 

Pra evitar equívocos tamén hai que dicir que por toda  a Arousa, dende Niño de Corvo no Norte de Illa, ata Carreirón ó Sur foi unha zona de extracción masiva de pedra prá cantería, coa que se abasteceron construccións en Vigo, Pontevedra, Cambados, e multitude de poboacións por toda a provincia. Ademais, non por casualidade se lle chama "A Canteira" a unha localización no lugar dos Tarais, aínda que non precisamente a este lugar en concreto. No que atinxe a este tipo de xacementos líticos haino que ter sempre moi en conta por razóns obvias. Pola nosa banda, coas limitacións propias de simples aficionados, xa evaluamos esa variable, semellando pra nós que a pedra non presenta en ningunha das súas caras os buratos ou marcas dentadas características déses traballos, o que sen dúbida cremos que nos axuda na tese que eiquí propoñemos.

En fin, aquí deixamos esta idea, pra que alguén mais cualificado recolla o testigo e principie unha investigación xeral sobre o patrimonio arqueolóxico da Arousa, poñendo en relacion tódolos xacementos que temos arredor da nosa Illa. Coma sempre, reclamamos un pouquiño de présa, pois como xa temos dito noutras ocasións, o tempo corre en contra nósa, pois a climatoloxía resulta ser un arqueólogo moi eficiente facendo aflorar os xacementos, pero moito mais certeiro aínda destruíndoos, como moi ben saben os que coñecen as marabillas que temos por aquí.











AROUSA: Primeiro A ILLA,
despois o demáis




A cuestión do nome da Arousa é un tema que sempre foi moi debatido e comentado. Sen ir máis lonxe, en 2011 o ex alcalde Sito Vázquez chegou a facer unha proposta seria para conseguir que se cambiara o nome da Arousa eliminando o de “Illa”. O asunto chegou a ter moita sona nos medios de comunicación e dou lugar a un debate social no que a polémica non estivo ausente.


Pola nosa parte, nós non chegamos hoxe aquí có ánimo de espertar o devandito debate, pero tampouco imos obviar o que lle pertence por dereito propio á Arousa. E é que a nosa Illa ten un nome que se extendeu territorialmente a un ritmo vertixinoso, e é tanto o uso tanto do topónimo coma dos xentilicios que a Arousa quedou relegada á súa condición insular. Moi gráfico e revelador resulta o caso dos indicadores de tráfico, no que “Illa” sempre aparece resaltada e en letras máis grandes que “de Arousa”, cando en casos semellantes (e sobre todo por lóxica) debería de ocorrer ó revés. Alguén que non coñeza moito a nosa terra, incluso pode pensar que a Arousa non ten nome, debido á condición de “apelido” que conleva o nome “de Arousa”.


Téndese a pensar, equivocadamente, que o de “Arousa” parte pola Ría do mesmo nome. Pero iso é algo imposible, porque o concepto de “Ría” é moi posterior ó nome  “Arousa”. E para comprobalo, non hai mais que observar os mapas antigos. Hoxe imos facer unha pequena análise de tres dos mapas antigos máis importantes. A confeción destes mapas era un traballo moi laborioso e alongábanse anos e anos no tempo.  Como non existían fontes de información, o investigador entrevistaba á xente máis lonxeva do lugar, polo que o resultado final tiña unha gran fiabilidade.


(click na imaxe pra ampliala)
Comezamos, pois, polo máis antigo, o mapa “Gallaecia Regnum” de Gerard Mercator. Este mapa foi rematado en 1611 e, como lles dicíamos antes, non aparecen as Rías, porque era un concepto que aínda non estaba inventado. Si aparece, pola contra, o topónimo “Aroça Ylla”, así como “Villa nueva Daroça”, o que pon de manifesto que a extension do nome “Aroça” débese á existencia da Illa.



(click na imaxe pra ampliala)
Moi significativo resulta tamén o mapa de Nicolás de Fer, que data de 1708. Aquí a Arousa aparece cunha forma moi rudimentaria e nin tan sequera aparece nomeada. Pero resulta, aínda así, moi importante e revelador porque unha vez que a Illa non se nomea, o topónimo “Arousa” desaparece por completo (nunca mellor dito) do mapa, sen nin sequera aparecer como “apelido” de Vilanova.




(click na imaxe pra ampliala)
Por ultimo, temos o mapa de Tomás López, que foi rematado en 1784, no que xa se fala de “Ría de Aroza”, o cal é tamen un dato importante ó tratarse do mapa menos antigo dos tres, polo que se corrobora que a primeira Arousa de todas foi a Illa.


Outra curiosidade atopámola no caso de Vilagarcía. Seguro que si vostedes lle explican a un galego que non sexa de preto da zona, que vostede é da Illa de Arousa, el pensará inmediatamente que vostede é de Vilagarcía. Pero iso de Vilagarcía de Arousa, debe ser ben recente, pois non aparece en ningún dos tres mapas analizados.


A conclusión, en definitiva, é que a Arousa merece máis protagonismo có seu nome, en lugar de abusar da súa condición de Illa. Pero unha cousa é certa, e é que ten nos seus habitantes os mellores gardiáns do seu nome. Senón, fíxense cómo cando alguén é “de fora”, sempre se escoitará falar “da Illa”. Pero cando somos de aquí, sempre falamos “da Arousa”, con ese “a” tan longo e tan característico da nosa fala.


Ademáis sempre teremos a Historia e a memoria para poder poñer cada cousa no seu sitio e para decatarse cada día de que illas hai moitas, pero Arousa só hai unha.




(Moi documentado traballo e estupendo artigo da Irmán Pandulleira Susi Rial que xa queda gardado neste blog-arcón dos tesouros carcamáns esperando eso sí, que sexa o primeiro de moitos...) 




Se queres amplia-la información, podes ir ós seguintes artigos do blog "NA ILLA" premendo nestes links:

A illa nos mapas antigos (IV): o mapa de Domingo Fontán
A Illa nos mapas antigos (III): o mapa de Nicolás de Fer
A Illa nos mapas antigos II: o mapa de Gerard Mercator
A Illa nos mapas antigos I: o mapa de Tomás López

Ou a completísima investigación do noso benquerido Pandulleiro José Luis Pico Orjais neste post que puxo no seu blog: 

nº 52 O nome da Arousa













Descobrindo o Paraíso








Visita ó Areoso o sábado 22 de xuño do 2013, véspera da noite de San Xoan, de tan intensas e ígneas actividades, enraizadas na mais profunda tradición cultural do noso País. Semella que os Deuses quixeron ser propicios ós anceios exploradores do noso Grupo de Historia, pois á primordial busca do mellor horario de mareas prá visita, xuntouse unha oportunísima paréntese no mal tempo que viñamos padecendo dende hai meses. 
E todo pra qué? Pois pra que pudesemos desfrutar dun par de horas estupendas no Areoso, deixándonos angaiolar có entorno histórico-arqueolóxico que temos alí, e asombrarnos tamén da explosión de vida que despois de moitos anos volta a estabelecerse no illote, cheo que gabotas, gabitas (que curiosa coincidencia do nome de dúas aves tan distintas) etc., que levan xa varias semanas incubando nos seus niños unha nova xeración de riqueza ornitolóxica, contribuíndo á enorme variedade faunística xeral que representa o Parque Natural das Illas Atlánticas, entorno legal no que lamentablemente aínda non está integrado.

Tamén aquí quixeramos dicir algo os Pandulleiros, pois pra nós é incomprensible esta falla de sintonía entre a realidade da natureza e unha lexislación que precisamente se impuxo pra consolidala e protexela. Resulta indispensable pra nós a esixencia da inclusión nesa reserva natural dos illotes deste entorno, Areoso, Jidoiros e Rúa, solucionando alomenos parcialmente esa “coxeira” conxénita que dende a creación de dito entorno legal, foi provocada polas autoridades que, coma tantas veces, semellan padecer o seu variedade de autismo, tamén conxénito e que semella irreversible.

En fin, que sin que sospeitasemos nada, o Areoso tiña gardadas pra nós unhas galopinadas coas que non contabamos. O itinerario que levabamos trazado eran as visitas, por outra parte obrigadas, ós restos coñecidos de mámoas e dólmens megalíticos, xunto có inevitable desfrute do entorno paisaxístico da pequena illa. A Illa que se move. A Illa dos mortos.


click na foto pra ir ó álbum
Efectivamente, facendo a ruta arredor do illote cós obxectivos megalíticos seleccionados, atopámonos sorpresivamente no medio e medio dun depósito de restos orgánicos, ósos (dos cales uns parecen inequívocamente de animais, aínda que de algúns outros nono temos tan claro), restos de cerámica, cuncheiros, etc. que a climatoloxía fixo que aflorasen á superficie de xeito natural. En calquera caso todo debería ser analisado polos expertos correspondentes. Pra nós todo semella un novo tesouro arqueolóxico que confiamos deixar reflexado dabondo no álbum que incorporamos premendo na foto da dereita:


Ó goce e alegría inicial segueulle, xa de volta pa terra, a correspondente ansiedade pola sensación de fraxilidade do atopado, polo que inmediatamente comezamos a debater as accións que poderíamos tomar, encamiñadas ó que pra nós resulta nestes momentos primordial: á súa axeitada preservación. Tentaremos divulgar o descobremento entre a comunidade científica e as autoridades pra ver si desta vez espertamos o correspondente debate que provoque a correcta e completa investigación das riquezas arqueolóxicas que no Areoso e mais por toda a Arousa, cousa que non desfaleceremos en denunciar e reclamar insistentemente. Cada día que pasa vaísenos un importante e insustituible anaco desta riqueza arqueolóxica que se perde diluída na terra que arrabuña pró mar a meteoroloxía, xa que por desgraza tódolos nosos lugares de interés arqueolóxico están na súa totalidade expostos ás agresións das mareas e dos temporais. Debemos polo tanto dalgún xeito “acosar” mediáticamente a aqueles organismos ou responsables chamados a liderar as investigacións antes de que as fotos que cada vez tomamos nas nosas visitas se convirtan tamén nunha especie de arqueoloxía visual, recordos do irrecuperable.



Aquí vos deixamos un vídeo coas tomas desa mañán tan completa do que estamos seguros que gostaredes.






E con esta ofensiva mediática tentaremos tamén divulgar e compartir cós nosos veciños os tesouros que nos arrodean, pois consideramos que somos precisamente todos nós os chamados principalmente a desfrutar da historia que temos mais arrente, a que é nosa.  Coincidimos plenamente con algúns arqueólogos, historiadores e periodistas que loitan e reclaman prós veciños de cada entorno o privilexio de seren os primordiais destinatarios de toda a información vencellada có seu propio patrimonio, xusto o contrario do que nas últimas décadas se viña facendo pois... algun veciño nóso sabe dos resultados ou das conclusións das excavacións dos Bufos nos anos 60? Están nin tan siquera catalogados os importantes xacementos que temos no noso entorno mais próximo? Definitivamente rexeitamos que os traballos de campo, os estudos, e os resultados das investigacións sexan “cociñadas” e “consumidas” por, e para as escasas élites científicas, coma se vivisen nunha etérea quinta dimensión, totalmente allea ó mundo e ás xentes coas que desenrolan o seu traballo.