DIOS... Iso é o que se quere lér nesta grabación inserida na parede interior dun Cón de considerables dimensións que foi cortado polos canteiros, e fica xusto por detrás do Cón de Navío. Semella que outro graffiteiro pintor quixo deixar a pegada do seu paso deixando tintadas de azul as gabias da grabación a cincel. Por debaixo dela con moita dificultade distínguese o que semella unha data en números romanos, aínda que é ben dificil de adiviñar.
|
VIRXE: No Con do Forno, é verdadeiramente unha imaxe ben traballada, ata se recoñecería a unha persoa. Polos detalles semella unha Virxe. Tampouco sabemos si é obra de Camilo Otero, nin si habería algun xeito de comprobalo. Entraría dentro do posible. Hoxendía resulta prácticamente indistinguible. Grazas outra vez a A Illa dos Carcamáns por esta foto de 1986, porque agora sería irrealizable.
|
MARCAS DE CRUS: Nas laxes aflora este pandullo moi preto da carretera nova de circunvalación onde foron marcadas dúas cruces probablemente nos anos 60. Os rapaces da época teñen contribuído tamén na faena, pegándolle algún que outro "sinselaso". Porén fica descoñecido o motivo inicial destas marcas. A ubicación exacta é árrente da casaa do pinche da derradeira ringleira de casas baratas das Laxes, a que fica mais preto da carretera nova.
|
IGREXA: Nun dos Cóns que dividen as praias que seguen ás Aceñas. É un debuxo verdadeiramente laborioso e estupendamente traballado, seguramente obra de algún canteiro que, cecais no tempo libre se lle dou por nos deixar o regalo desta obra.
|
CRUCEIRO: Atópase ó pe do mesmo Cón no que foi gravada a igrexa, porén non semella moi vencellado con ela, pois as liñas non son tan finas. Antóxasenos que podería ser unha marca que quixeron deixar os familiares dalgún afogado que acaso pudo ser atopado nese lugar da praia.
|
O FARO: Éste pode ser o que mais claramente se lle aprecia algún senso ou relación, pois reflexa a planta exagonal da torre do Faro de Punta Cabalo, nunha laxe mesmo ó pé dela. O que non semella tan clara é a función práctica deste debuxo, porque si tén algo que ver coa construcción da obra, gravar un plano nun cón parece bastante mais traballoso e difícil que facelo en papel...
|
A CAVEIRA DO SANTO: Ubicado ó pé da estatua do Santo, cecais poida ser tamén obra de Camilo Otero, mais non podemos confirmalo. Hoxendía está moi deteriorada, mais afortunadamente podemos dispor desta estupenda foto feita hai un par de anos, que nos foi cedida por A Illa dos Carcamáns, na que se aprecia con bastante claridade a feitura dunha caveira, como as órbitas valeiras ou o marcado maxilar.
|
O AFOGADO E O PASTOR: Éstas son as dúas obras mais coñecidas do escultor compostelán Camilo Otero que, por algunha razón persoal que se nos escapa, quixo deixar a pegada do seu arte con nós. Seica aínda hai algún mais agochado por algun sitio, si alguén o coñece sería estupendo completar este álbum.
|
VICTOR: Na praia "Portiña de Quilma", éste gravado xa lémbranos cando un deixa unha marca nunha árbore, nun muro, nun libro, etc., como facendo unha pequena trasnada. Neste caso, o tal VÍCTOR deixou debida constancia do do seu paso por alí.
|
CAZOLETAS: Éstas marcas semella que sinalizaban un antigo embalse de auga que recollía a auga onde nacía, no lugar de "As tres pozas", ó pé do Con de Navío e, debidamente canalizada, discorría por debaixo das terras de labor do Pedro Minguez. Unha obra posiblemente moi antiga, con orixe acaso na época romana, de cando había un poboado perto dalí, o primeiro poboado da Arousa no Naso-Bufos.
|
1891: Nos Cóns dun saínte que separa a Praia dos Espiños das Aceñas, da pequena. Éste enigmático "graffiti" non sabemos qué pode estar marcando. Ata onde podemos distinguir, o ano queda claramente marcado, pero inmediatamente seguido aparece unha "A" maiúscula, ou mais bén un signo con forma de frecha, que pudera indicar unha dirección por algún motivo que nos resulta mais enigmático aínda.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
>>> Pódeste expresar libremente, só limitaremos o conteúdo ó obrigatório respecto que todos nos merecemos.