A cuestión do nome da Arousa é un tema que sempre foi moi
debatido e comentado. Sen ir máis lonxe, en 2011 o ex alcalde Sito Vázquez
chegou a facer unha proposta seria para conseguir que se cambiara o nome da
Arousa eliminando o de “Illa”. O asunto chegou a ter moita sona nos medios de
comunicación e dou lugar a un debate social no que a polémica non estivo
ausente.
Pola nosa parte, nós non chegamos hoxe aquí có ánimo de
espertar o devandito debate, pero tampouco imos obviar o que lle pertence por
dereito propio á Arousa. E é que a nosa Illa ten un nome que se extendeu
territorialmente a un ritmo vertixinoso, e é tanto o uso tanto do topónimo coma
dos xentilicios que a Arousa quedou relegada á súa condición insular. Moi
gráfico e revelador resulta o caso dos indicadores de tráfico, no que “Illa”
sempre aparece resaltada e en letras máis grandes que “de Arousa”, cando en
casos semellantes (e sobre todo por lóxica) debería de ocorrer ó revés. Alguén
que non coñeza moito a nosa terra, incluso pode pensar que a Arousa non ten
nome, debido á condición de “apelido” que conleva o nome “de Arousa”.
Téndese a pensar, equivocadamente, que o de “Arousa” parte
pola Ría do mesmo nome. Pero iso é algo imposible, porque o concepto de “Ría” é
moi posterior ó nome “Arousa”. E para
comprobalo, non hai mais que observar os mapas antigos. Hoxe imos facer unha
pequena análise de tres dos mapas antigos máis importantes. A confeción destes
mapas era un traballo moi laborioso e alongábanse anos e anos no tempo. Como non existían fontes de información, o
investigador entrevistaba á xente máis lonxeva do lugar, polo que o resultado
final tiña unha gran fiabilidade.
(click na imaxe pra ampliala) |
(click na imaxe pra ampliala) |
(click na imaxe pra ampliala) |
Outra curiosidade atopámola no caso de Vilagarcía. Seguro
que si vostedes lle explican a un galego que non sexa de preto da zona, que
vostede é da Illa de Arousa, el pensará inmediatamente que vostede é de
Vilagarcía. Pero iso de Vilagarcía de Arousa, debe ser ben recente, pois non
aparece en ningún dos tres mapas analizados.
A conclusión, en definitiva, é que a Arousa merece máis protagonismo
có seu nome, en lugar de abusar da súa condición de Illa. Pero unha cousa é
certa, e é que ten nos seus habitantes os mellores gardiáns do seu nome. Senón,
fíxense cómo cando alguén é “de fora”, sempre se escoitará falar “da Illa”.
Pero cando somos de aquí, sempre falamos “da Arousa”, con
ese “a” tan longo e tan característico da nosa fala.
Ademáis sempre teremos a
Historia e a memoria para poder poñer cada cousa no seu sitio e para decatarse
cada día de que illas hai moitas, pero Arousa só hai unha.
Se queres amplia-la información, podes ir ós seguintes artigos do blog "NA ILLA" premendo nestes links:
A illa nos mapas antigos (IV): o mapa de Domingo Fontán
A Illa nos mapas antigos (III): o mapa de Nicolás de Fer
A Illa nos mapas antigos II: o mapa de Gerard Mercator
A Illa nos mapas antigos I: o mapa de Tomás López
Ou a completísima investigación do noso benquerido Pandulleiro José Luis Pico Orjais neste post que puxo no seu blog:
nº 52 O nome da Arousa
(Moi documentado traballo e estupendo artigo da Irmán Pandulleira Susi Rial que xa queda gardado neste blog-arcón dos tesouros carcamáns esperando eso sí, que sexa o primeiro de moitos...)
A illa nos mapas antigos (IV): o mapa de Domingo Fontán
A Illa nos mapas antigos (III): o mapa de Nicolás de Fer
A Illa nos mapas antigos II: o mapa de Gerard Mercator
A Illa nos mapas antigos I: o mapa de Tomás López
Ou a completísima investigación do noso benquerido Pandulleiro José Luis Pico Orjais neste post que puxo no seu blog:
nº 52 O nome da Arousa
Que boa a contrataçao de Susi para o Pandulheiro's Team. Aguardo que haja muitos artigo seus. Para saber mais sobre o nome da Arousa recomendo o artigo do meu blogue http://ilhadeorjais.blogspot.com.es/2009/07/n-52-o-nome-da-arousa.html não por que esteja no meu blogue, senão pelas pessoas que cito e que são algumas das mais autorizadas. Lede também o comentário com um texto de Higínio Martins. Parabéns uma vez mais pelo blogue.
ResponderEliminar- See more at: http://pandulleiros.blogspot.com.es/2013/07/arousa-primeiro-illa-despois-o-demais.html?showComment=1374696417034#c5879547299652588376
obrigados por revelarnos tan interesante post, que có teu permiso incluímos no nóso para mellor documentación do asunto.
EliminarPois acabou de ocorrer-me uma hipótese de etimologia para o topónimo 'Arousa'.
ResponderEliminarSe as primeiras notícias do topónimo são 'Arauza', 'Araucia' e 'Arautiam', parece evidente que a origem do ditongo 'ou' é um ditongo 'au', e que a terminação é -za/-ça, que se pode identificar com um sufixo abstratizante: "aquele ou aquela que tem". A origem da raiz poderia ser o latim 'Uria', e assim a Arousa seria 'aquela que tem araus', pássaros bem conhecidos dos vizinhos.
Haveria que estudar um pouco a origem a evolução da própria palavra 'arau' para conferir.
É uma ideia assim em bruto e à bruta...