Visita ó Areoso o sábado 22 de xuño do 2013, véspera da noite de San Xoan, de tan intensas e ígneas actividades, enraizadas na mais profunda tradición cultural do noso País. Semella que os Deuses quixeron ser propicios ós anceios exploradores do noso Grupo de Historia, pois á primordial busca do mellor horario de mareas prá visita, xuntouse unha oportunísima paréntese no mal tempo que viñamos padecendo dende hai meses.
E todo pra qué? Pois pra que pudesemos desfrutar dun par de horas estupendas no Areoso, deixándonos angaiolar có entorno histórico-arqueolóxico que temos alí, e asombrarnos tamén da explosión de vida que despois de moitos anos volta a estabelecerse no illote, cheo que gabotas, gabitas (que curiosa coincidencia do nome de dúas aves tan distintas) etc., que levan xa varias semanas incubando nos seus niños unha nova xeración de riqueza ornitolóxica, contribuíndo á enorme variedade faunística xeral que representa o Parque Natural das Illas Atlánticas, entorno legal no que lamentablemente aínda non está integrado.
Tamén aquí quixeramos dicir algo os Pandulleiros, pois pra nós é incomprensible esta falla de sintonía entre a realidade da natureza e unha lexislación que precisamente se impuxo pra consolidala e protexela. Resulta indispensable pra nós a esixencia da inclusión nesa reserva natural dos illotes deste entorno, Areoso, Jidoiros e Rúa, solucionando alomenos parcialmente esa “coxeira” conxénita que dende a creación de dito entorno legal, foi provocada polas autoridades que, coma tantas veces, semellan padecer o seu variedade de autismo, tamén conxénito e que semella irreversible.
En fin, que sin que sospeitasemos nada, o Areoso tiña gardadas pra nós unhas galopinadas coas que non contabamos. O itinerario que levabamos trazado eran as visitas, por outra parte obrigadas, ós restos coñecidos de mámoas e dólmens megalíticos, xunto có inevitable desfrute do entorno paisaxístico da pequena illa. A Illa que se move. A Illa dos mortos.
Efectivamente, facendo a ruta arredor do illote cós obxectivos megalíticos seleccionados, atopámonos sorpresivamente no medio e medio dun depósito de restos orgánicos, ósos (dos cales uns parecen inequívocamente de animais, aínda que de algúns outros nono temos tan claro), restos de cerámica, cuncheiros, etc. que a climatoloxía fixo que aflorasen á superficie de xeito natural. En calquera caso todo debería ser analisado polos expertos correspondentes. Pra nós todo semella un novo tesouro arqueolóxico que confiamos deixar reflexado dabondo no álbum que incorporamos premendo na foto da dereita:
Ó goce e alegría inicial segueulle, xa de volta pa terra, a correspondente ansiedade pola sensación de fraxilidade do atopado, polo que inmediatamente comezamos a debater as accións que poderíamos tomar, encamiñadas ó que pra nós resulta nestes momentos primordial: á súa axeitada preservación. Tentaremos divulgar o descobremento entre a comunidade científica e as autoridades pra ver si desta vez espertamos o correspondente debate que provoque a correcta e completa investigación das riquezas arqueolóxicas que no Areoso e mais por toda a Arousa, cousa que non desfaleceremos en denunciar e reclamar insistentemente. Cada día que pasa vaísenos un importante e insustituible anaco desta riqueza arqueolóxica que se perde diluída na terra que arrabuña pró mar a meteoroloxía, xa que por desgraza tódolos nosos lugares de interés arqueolóxico están na súa totalidade expostos ás agresións das mareas e dos temporais. Debemos polo tanto dalgún xeito “acosar” mediáticamente a aqueles organismos ou responsables chamados a liderar as investigacións antes de que as fotos que cada vez tomamos nas nosas visitas se convirtan tamén nunha especie de arqueoloxía visual, recordos do irrecuperable.
Aquí vos deixamos un vídeo coas tomas desa mañán tan completa do que estamos seguros que gostaredes.
E todo pra qué? Pois pra que pudesemos desfrutar dun par de horas estupendas no Areoso, deixándonos angaiolar có entorno histórico-arqueolóxico que temos alí, e asombrarnos tamén da explosión de vida que despois de moitos anos volta a estabelecerse no illote, cheo que gabotas, gabitas (que curiosa coincidencia do nome de dúas aves tan distintas) etc., que levan xa varias semanas incubando nos seus niños unha nova xeración de riqueza ornitolóxica, contribuíndo á enorme variedade faunística xeral que representa o Parque Natural das Illas Atlánticas, entorno legal no que lamentablemente aínda non está integrado.
Tamén aquí quixeramos dicir algo os Pandulleiros, pois pra nós é incomprensible esta falla de sintonía entre a realidade da natureza e unha lexislación que precisamente se impuxo pra consolidala e protexela. Resulta indispensable pra nós a esixencia da inclusión nesa reserva natural dos illotes deste entorno, Areoso, Jidoiros e Rúa, solucionando alomenos parcialmente esa “coxeira” conxénita que dende a creación de dito entorno legal, foi provocada polas autoridades que, coma tantas veces, semellan padecer o seu variedade de autismo, tamén conxénito e que semella irreversible.
En fin, que sin que sospeitasemos nada, o Areoso tiña gardadas pra nós unhas galopinadas coas que non contabamos. O itinerario que levabamos trazado eran as visitas, por outra parte obrigadas, ós restos coñecidos de mámoas e dólmens megalíticos, xunto có inevitable desfrute do entorno paisaxístico da pequena illa. A Illa que se move. A Illa dos mortos.
click na foto pra ir ó álbum |
Ó goce e alegría inicial segueulle, xa de volta pa terra, a correspondente ansiedade pola sensación de fraxilidade do atopado, polo que inmediatamente comezamos a debater as accións que poderíamos tomar, encamiñadas ó que pra nós resulta nestes momentos primordial: á súa axeitada preservación. Tentaremos divulgar o descobremento entre a comunidade científica e as autoridades pra ver si desta vez espertamos o correspondente debate que provoque a correcta e completa investigación das riquezas arqueolóxicas que no Areoso e mais por toda a Arousa, cousa que non desfaleceremos en denunciar e reclamar insistentemente. Cada día que pasa vaísenos un importante e insustituible anaco desta riqueza arqueolóxica que se perde diluída na terra que arrabuña pró mar a meteoroloxía, xa que por desgraza tódolos nosos lugares de interés arqueolóxico están na súa totalidade expostos ás agresións das mareas e dos temporais. Debemos polo tanto dalgún xeito “acosar” mediáticamente a aqueles organismos ou responsables chamados a liderar as investigacións antes de que as fotos que cada vez tomamos nas nosas visitas se convirtan tamén nunha especie de arqueoloxía visual, recordos do irrecuperable.
Aquí vos deixamos un vídeo coas tomas desa mañán tan completa do que estamos seguros que gostaredes.
E con esta ofensiva mediática tentaremos tamén divulgar e compartir cós nosos veciños os tesouros que nos arrodean, pois consideramos que somos precisamente todos nós os chamados principalmente a desfrutar da historia que temos mais arrente, a que é nosa. Coincidimos plenamente con algúns arqueólogos, historiadores e periodistas que loitan e reclaman prós veciños de cada entorno o privilexio de seren os primordiais destinatarios de toda a información vencellada có seu propio patrimonio, xusto o contrario do que nas últimas décadas se viña facendo pois... algun veciño nóso sabe dos resultados ou das conclusións das excavacións dos Bufos nos anos 60? Están nin tan siquera catalogados os importantes xacementos que temos no noso entorno mais próximo? Definitivamente rexeitamos que os traballos de campo, os estudos, e os resultados das investigacións sexan “cociñadas” e “consumidas” por, e para as escasas élites científicas, coma se vivisen nunha etérea quinta dimensión, totalmente allea ó mundo e ás xentes coas que desenrolan o seu traballo.
so se me ocurre unha frase..... xenial.moitas grazas.
ResponderEliminarestupendo traballo fotografico,que pon de manifesto o estado no que se atopa esta xacemento arqueoloxico,por certo este fin de seman habia unha chea de embarcacions no areoso,vexe que as autoridades estan moi interesadas na sua conservacion.
ResponderEliminar