Carcamáns e outras herbas



No mes de xaneiro do 1809 os mariscais franceses Soult e Ney entran en Galicia coas súas tropas perseguindo ó exército do Xeneral John Moore que se viña batendo en retirada cara á Coruña.

Nos arredores da cidade, no lugar de Elviña, os ingleses enfrontan a batalla para protexer o embarque das súas tropas nos buques da Royal Navy de volta para Inglaterra. Daquela os ingleses apoiaban á monarquía española para evitar a perigosa concentración de poder que supoñía o feito de que os franceses acadasen o dominio total da península ibérica.

Cós ingleses derrotados e expulsados, comeza a ocupación de Galicia polos franceses, mais xa dende os primeiros instantes se organiza a resistencia, que comezou a triunfar axiña coa liberación de Vigo en Marzo de 1809. O acoso ós franceses continúa coas accións das guerrillas, ata culminar na batalla de Pontesampaio, onde un exército galego cunhs 9.000 homes no que destacaron as accións do célebre Coronel Cachamuíña derrotou ás tropas napoleónicas, que abandoadon definitivamente Galicia. En só cinco meses, os galegos fomos quén de expulsar ós invasores franceses, pasando a ser o primeiro territorio libre daquela convulsa España absolutista do pusilánime Carlos IV.
batalla de Elviña coa cidade da Coruña ó fondo

E que tén que ver todo isto coa nósa Arousa? ...pois os nosos antepasados fixeron unha importante contribución para a liberación de Vigo.   A nosa Illa fora elixida polo estado maior daquel exército galego de Cachamuíña como punto de reunión pra tódalas partidas de guerrilleiros que actuaban nas dúas beiras da ría, convertíndose así nun centro estratéxico da loita contra os franceses.   Dende a Arousa saían a cotío as embarcacións que, burlando o control da flota francesa, conseguían chegar a Vigo subministrando armas e sobre todo alimentos que a resistencia viguesa precisaba para a “Reconquista" da cidade.

Era a Arousa daquela un lugar idóneo para este  tipo de misións, pois foramos secularmente un territorio que ficaba á marxe da acción da autoridade civil.    A poboación da Illa acadaba escasamente os 400 ánimas, e a xustiza era dalgún xeito interpretada polos Arousáns con esa lectura tan particular que lle damos ás veces os insulares.   Según escritos da época, a xustiza exercíase cumpridamente sen precisar de forza pública ningunha, pois eran moi raros os casos de roubos ou outros delictos, os cales, cando ocasionalmente se producían, inmediatamente atopaban solución entre a propia veciñanza, facendo uso si acaso do arbitrio que podía proporcionar a autoridade moral do cura, porque ó sagrado sí que lle tiña respeto a xente...
o Coronel Cachamuíña

En calquera caso sabían no exército liberador da mestría na arte da navegación dos mariñeiros da Arousa, habilidade pola que eran recoñecidos en toda a Ría. Xusto o que precisaban para esquivar o bloqueo naval francés.    Gobernaban unhas  embarcacións de feitura propia, si acaso caseira, das que se ten relatado que construían sen demasiada ortodoxia, pero que patroneadas polos nosos abós revelaban unhas dotes mariñeiras que serían imposibles noutras mans menos experimentadas.
Nalgún argot mariñeiro defíníase xa daquela a eses malos barcos como "carcamáns" (de cárcamo ou cáncamo).

O caso é que coa victoria de Pontesampaio douse remate á guerra na Galiza, mais no resto de España aínda continuaría varios anos mais, deixando a economía do noso país illada do seu comercio habitual e afundíndoa nunha grande crise económica que agravou as tremendas dificultades que xa antes tiña a xente para acadar a sóa subsistencia.
Esta nova situación de penuria forzou a moitos dos nosos mariñeiros ó desvío das súas habilidades náuticas cara ó negocio do contrabando -que daquela era principalmente de picadura, azucre, aceite, e outros produtos de primeira necesidade- que lles reportaba mais beneficios con menos esforzo. Foi nesta época cando, de xeito inxurioso, se comezou a chamarlles “Carcamáns”  debido a este "pirateo" do que alardeaban a bordo das súas estrafalarias embarcacions, chegando a mudar a imaxe que en toda a Ría se tiña da Illa de Arousa, que era percibida coma un refuxio que lles brindaba inmunidade por mor da falla de autoridade que antes comentabamos.

Esta preocupante situación chegou certamente a enquistarse e a enturbiar a harmonía entre os pobos da Ría, polo que o Capitan Xeral do Reino de Galicia tuvo que destacar un continxente de tropas no pobo e despregar varios buques de guerra para poder botar man dunha Illa que xa semellaba ingobernable.    O informe que no 1826 o cura da Arousa, Don Pedro Antonio González dirixe ó Arcebispado de Santiago é suficientemente expresivo daquela realidade:

  • ... En la actualidad no hai escándalos públicos, de que pueda dar parte. Bastante huvo causados por los individuos de los barcos contrabandistas, llamados comunmente Carcamanes, y una chusma de mujeres forasteras, nada honestas, que concurrian impugnemente á este pueblo, sin que ninguna autoridad, hasta la del Excmo. Sr. Capitán General deste Reino de Galicia la pudiera remidiar, sin destacar suficiente número de tropa á esta Isla; y sin duda seguirían estos males, si nuestro Govierno no huviera destinado buques de guerra para su exterminio ...”
  • “... El cura párroco de San Julián de la isla de Arosa en el arciprestago de Salnés, libre en la actualidad de los continuos insultos y temores que ha sufrido cerca de dos años de unha chusma de contrabandistas corrompidos llamados vulgarmente Carcamanes, entre quienes tubo la desgracia de vivir desde el primer día de su residencia ...”

Ben, non fai falla botarlle moita imaxinación para concluir que ata que se dou ese golpe de autoridade, a nosa Arousa ficaba ó marxe da lei semellando un lugar de maleantes e xentes de mal vivir, mais ese alcume de "Carcamáns" có que nesa época fomos bautizados, lonxe de se converter nunha infamia pra nós, cargámolo con orgullo cecais porque no fondo tén un aquél de audacia, e o particular xeito de enfrontar as dificultades que, nesta e noutras ocasións puxeron a proba ás nosas xentes ó longo da historia.



1 comentario:

  1. Só para complementar a vossa postagem remito-vos a http://ilhadeorjais.blogspot.com.es/2009/05/n-47-benito-vicetto.html
    Parabéns e bem-vindos a blogosfera.

    ResponderEliminar

>>> Pódeste expresar libremente, só limitaremos o conteúdo ó obrigatório respecto que todos nos merecemos.