

Non é nada orixinal lembrar que os vencellos mais pertos témolos no Areoso, onde xa hai mais de vinte anos que se levan facendo estudos que están a abrir á luz importantísimos xacementos do Megalítico (<3000ac)e da Idade do Bronce(<1000ac) que tan merecida relevancia están a acadar en medios académicos.


Segundo as propias conclusións de ditas excavacións, no Areoso nunca houbo establecementos humáns permanentes, senón en todo caso, estacionais, có que no noso Grupo a pregunta xurde espontánea: de onde saleu logo aquela xente que dou construído estes importantes monumentos megalíticos?
baixos de area entre a Illa e o Areoso (google maps) |
E qué podemos dicir dos
xacementos rexistrados pola “autoridade competente” coma o dos
Tarais, ou o Campo dos Bufos, que fican abandoados á súa sorte, a pesares da riqueza histórica
que atesouran, dos que por certo a meteoroloxía se vai encargando das "excavacións" inverno tras inverno, á falla de outras iniciativas oficiais que nunca dan chegado.
Para nós non é comprensible esta desidia, pois xa ó remate dos traballos de
excavación da necrópole dos Bufos nos anos 60 se decataron os arqueólogos da importancia do entorno desa zona, anotando o seguinte parágrafo nas fichas
arqueolóxicas do Museo de Pontevedra:
Non semella polo esquecemento ó que foi relegado este sitio que se lle concedese demasiada importancia a estas anotacións. Polo que ó noso Grupo respecta, si ben asumimos que estas "sinais evidentes" non supoñen acaso grandísimos descubrimentos tomándoos nun contexto amplo, tamén é certo que pra nós este patrimonio histórico tén unha trascendencia esencial, como elementos únicos que falan da historia da Illa, que é o que a nós por descontado mais nos interesa, como entusiastas da historia do noso pobo.

- ...“En los alrededores de tal necrópolis hay señales evidentes de antiguas fortalezas pertenecientes a la Edad de Hierro, Bronce o Piedra”.

Rematamos..., sirva alomenos este sermón có que mortificamos ó lector coma un pretexto pra espallar entre
os Arousáns o gozo pola nósa historia, contaxiándolle esa "enfermedá dos pandullos" da que somos doentes no nóso Grupo. Pra os que conseguíchedes chegar a este final do artigo témosvos que dar malas novas: Xa estades contaminados con ese virus pandulleiro... alomenos un chisquiño.
O día que nos importe a nosa cultura de verdade e non a cor política ou donde viva o político de turno enton investigarase todos os xacementos da arousa pois nestes kilómetros cadrados que ten a arousa temos todas as formas de vida que adoptou o ser human o longo de todos os seculos. Esto e interesantísimo porque na nosa illa atopamos restos de todas as épocas da humanidade
ResponderEliminarParabéns polo trabalho! Dá ânimo ver que por toda parte aparecem grupos de cidadãos a proteger e preservar as pegadas e vestígios que nos deixaram os nossos antergos.
ResponderEliminarOla, Pandulleiros. Eu non son da Illa, pero si de moi preto. Estou totalmente de acordo con vos: hai que coidar e investigar esos xacementos. Non so vos beneficia a vos directamente, senon a toda a comarca. O Areoso e Os Bufos teñen un potencial enorme. En calqueira outro pais do norte europeo ese traballo xa estaria feito e suporia unha fonte de coñecemento e mesmo economica de primeira orde.
ResponderEliminar