Nas entradas coa etiqueta "NaturArousa" iremos subindo as mellores fotos que academos da fauna que podemos atopar en calquera parte da nosa Illa, de Norte a Sur e do Leste ó Oeste. Estamos confiados en que vos vai gostar, pois como vimos de dicir, subiremos as fotos da mellor calidade coa que a sorte nos agasalle, procurando deixar ben retratadiños ós nosos bichos.
Nin somos nin pretendemos pasar por expertos naturalistas, así que as definicións e a información que coa que acompañamos ós nosos bichiños provén de diversas fontes, dende a estupenda "Guía natural do Carreirón", de Miguel A. Conde e Samuel Paz, ata a Wikipedia, pasando por algunhas de colleita propia, como curiosidades e apreciacións de campo que facemos coma calquera afeizoado, ou tamén botando man de outra información que podemos gardar deles.
Dende ese obxectivo, cal é achegar unha visión exclusivamente lúdica da natureza tentando amosar a beleza e algunhas curiosidades da nosa fauna, xa botamos por diante que as divisións por categorías coas que titulamos estes artigos non son as académicas, senon que respostan á nosa intención de non cansar a quen goste deste traballo con excesivas entradas individuais que obriguen ó leitor a ter que brincar molestosamente dunha páxina do blog a outra. Polo tanto, dentro de cada categoría queremos que se atope unha boa variedade, que iremos completando con novas incorporacións no mesmo artigo cada vez que vaiamos "cazando" novos bichiños.
Agollá gostedes desta colección tanto coma nós.
"A beleza é moi superior ó xenio. Non precisa explicación"
Oscar Wilde (1854-1900) dramaturgo e novelista irlandés
(click nas imaxes pra amplialas)

Ó redor de cada ollo teñen un anel vermello.
Actualmente acéptase que a gaivota patiamarela é unha especie independente, pero ata non hai moito as discrepancias eran importantes.
Algunhas clasificacións considerábana unha subespecie da gaivota arxéntea, mentres que outras separábana desta pra incluíla, xunto coa gaivota do Caspio, noutra especie.
A área de cría está centrada no mar Mediterráneo. No no norte de África. No illote do Areoso crían tamén nos meses previos ó vran, onde poñen normalmente 3 ovos, entre mediados de marzo e primeiros de maio e deféndenos con forza de calquera inimigo. Chocan os ovos entre 27 e 31 días e os polos poden voar despois de 35 ou 40 días de naceren.

Limícola que cría no centro e Sur de Rusia, en Karelia, Baikal, península de Kola, e ata Sakhalin, no estremo oriente.
Forman os seus niños no chan, con herba seca e fan a posta no mes de Maio, eclosionando os poliños a finais dese mes. Invernan no sur de Asia, Europa e no norte de África, chegando á nosa Illa a comezos do outono. Coma outras especies semellantes, aliméntase de miñocas, caramuxos e plantas.
Tén un tamaño coma o dun Merlo, e cecais o que mais destaca da súa aparencia son as patas laranxas ou bermellas, longas e rechamantes, así coma o seu peteiro, tamén bermello e coa punta tornando escura.
Deixanse ver cando se alimentan aproveitando as secas, como é habitual neste tipo de aves características dos esteiros.Forman os seus niños no chan, con herba seca e fan a posta no mes de Maio, eclosionando os poliños a finais dese mes. Invernan no sur de Asia, Europa e no norte de África, chegando á nosa Illa a comezos do outono. Coma outras especies semellantes, aliméntase de miñocas, caramuxos e plantas.
Tén un tamaño coma o dun Merlo, e cecais o que mais destaca da súa aparencia son as patas laranxas ou bermellas, longas e rechamantes, así coma o seu peteiro, tamén bermello e coa punta tornando escura.
Cría en lagos e marismas de Europa e Asia. Coma todalas gaivotas, aliméntase de calquera cousa, restos orgánicos, peixe, miñocas, caranguexos, insectos... en fin, todo o que apille por diante. Adoita presentarse en grupos relativamente numerosos, a cotío de mais de 20 individuos.
É unha ave carroñeira que anda á procura dos refugallos abandoados polos humáns.
Aniña no chán preto de marismas e lagoas. A finais de marzo pón 3 ovos que chocan macho e femia durante 24 días. Os pitos comezan a voar a partires das 6 semáns.
Habita no litoral rochoso e en praias pequenas buscando sobre todo pulgas da praia, moluscos, pequenos crustáceos e outros invertebrados.
Crían en Asia e case toda Europa (agás Islandia). Nas praias da Illa están presentes entre Abril e Outubro. A súa zona de invernada comprende dende a cunca do Mediterráneo ata Suráfrica, o sur de Asia, e ata Australia. A súa época reproductora vai de Maio a Agosto. O niño é unha coviña no chan cuberta con plantas. Poñen unha media de catro ovos, que chocan por quendas macho e a femia durante unhas tres semans. Tamen chamado "bilurico bailón".
Especie protexida moi común nas costas galegas, onde se poden ver durante todo o ano, aínda que non aniña no nóso país.
Vistosísima pescadora que acada os peixes dos que se alimenta lanzándose en espectaculares picados dende o alto. Tamén se alimentan de invertebrados e crustáceos.
Pasan a época estival no norte de Europa e tamén no Mar Negro, onde aniñan e crían, migrando ós países do sur para invernar, sendo os meses de Setembro e Outubro os mais idóneos pra observalos, aínda que como queda dito podense ver durante todo ano na nosa Illa.
Especie limícola protexida que aniña de Maio a Agosto en Groenlandia, Islandia, Escandinavia e o Norte da Europa continental e Asia, migrando cara ó Sur pra invernar, acadando lugares como Oceanía, Suráfrica e aínda Tierra del Fuego.
Revira có peteiro as pedriñas, algas e obxectos das praias (daí o seu nome común) ás que chega a empurrar có peito, conseguindo así deixar expostas as súas presas, que abranguen dende peixes, crustáceos, vermes e outros invertebrados ata carroña, e en ocasións mais raras ovos doutras aves.
De costumes solitarias, moitas veces xúntase en grupos con individuos doutras especies. Hai que dicir que é unha ave bastante mansiña, pois concede relativamente bastante aproximación a ela prá súa observación.
Especie protexida moi común nas costas galegas, onde se poden ver durante todo o ano, aínda que non aniña no nóso país.
Vistosísima pescadora que acada os peixes dos que se alimenta lanzándose en espectaculares picados dende o alto. Tamén se alimentan de invertebrados e crustáceos.
Pasan a época estival no norte de Europa e tamén no Mar Negro, onde aniñan e crían, migrando ós países do sur para invernar, sendo os meses de Setembro e Outubro os mais idóneos pra observalos, aínda que como queda dito podense ver durante todo ano na nosa Illa.
Revira có peteiro as pedriñas, algas e obxectos das praias (daí o seu nome común) ás que chega a empurrar có peito, conseguindo así deixar expostas as súas presas, que abranguen dende peixes, crustáceos, vermes e outros invertebrados ata carroña, e en ocasións mais raras ovos doutras aves.
De costumes solitarias, moitas veces xúntase en grupos con individuos doutras especies. Hai que dicir que é unha ave bastante mansiña, pois concede relativamente bastante aproximación a ela prá súa observación.
Parabens, pareceme unha idea xenial NATURAROUSA
ResponderEliminarEncántame esta páxina de aves das augas. Moi bonita, con imaxes preciosas e explicacións moi sixelas. Parabéns
ResponderEliminarUna maravilla.
ResponderEliminar