Entrevista con Carlos Chaves Otero, BNG






     Quenda pró BNG. Atendendo ó prometido, ofrecemos nesta ocasión ós nosos leitores a entrevista có representante do BNG no Concello da Arousa, na persoa do seu voceiro Carlos Chaves Otero. Confiamos que gostedes déla:


xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx



P: Carlos Chaves Otero participa por primeira vez nas municipais no ano 2003 na candidatura a alcaldía da Arousa polo BNG, relevando ó historico Andrés González á fronte do BNG arousan en setembro do 2005, en marzo do 2007 e proclamado no Consello Comarcal do BNG candidadto á alcaldía da Arousa , candidatura que repite no ano 2011. Dito esto, que valoración fai vostede despois de case 9 anos á fronte do BNG arousán.
R: Bueno, primeiro a valoración a nivel persoal en canto á experiencia é moi positiva. Cando entrei non pensei que fora a aprender tantas cousas da politica, pero a verdade é que sempre cando estamos fóra vémolo como algo lonxano ou algo que incluso non forma parte da vida cotián e despois daste conta do moito que forma parte do día a día. En materia de urbanismo, en materia de convivencia, hai moitísimas cousas nas que a política local inflúe de maneira moi importante. A nivel colectivo, e teño que entonar o "mea culpa" pois foi un pouco no que fallamos, foi o tema organizativo a nivel local. Eu creo que aínda non damos creado a estructura para que o día a día dentro do BNG local sexa fluído, sempre hai altos e baixos, hai un grupo mais ou menos consolidado e sempre hai xente que se cae e nunca hai unha organización que poida dar un salto de calidade no que é o traballo a nivel político local. De tódolos xeitos, e tendo en conta que non somos profesionales desto, eu creo que a resposta é positiva e creo que estamos facendo cousas bastante interesantes.

Entón cal é o motivo polo que o BNG non acaba de arrancar na Arousa, e dicir, nin Andrés nin vostede foron quén de mellorar o concelleiro logrado polo partido en todos estes anos.
Si, é moi chamativo porque cremos que na actualidade teríamos que ser xa unha forza con mais presenza e ó mellor con mais capacidade, pero eu penso que é unha lacra que temos a nivel local, aínda que tamén existe a nivel comarcal, ésta é unha comarca bastante difícil onde o PP tén un peso moi importante. Aquí na Illa hai unha forma distinta de ver a política respecto da comarca, pero nós, o BNG somos unha organización que tén sempre dificultades á hora de coller un pouquiño o tren e tomar velocidade. É unha cuestión organizativa, na política para funcionar a nivel de grupo haille que adicar moito tempo, e a maior parte de nós temos un tempo moi limitado, traballamos, temos pouco tempo e facemos un pouquiño o que podemos.

A qué se refire, concretamente?
Pois a ter unha organización de cara ós compañeiros, de cara a reunións con colectivos, etc., hai veces que ata incluso sintes que se che secan un pouco as ideas. Cando hai un grupo importante que está continuamente dando ideas todo funciona bén, cando somos poucos sempre é mais complicado atopar ideas e ir mais aló nos obxectivos, e ese creo que é o fallo que, imos a ser sinceiros, estou cometendo a nivel persoal.

Vé vostede futuro no BNG despois da escisión de ANOVA?
Eu creo que sí, ó fin e ó cabo o BNG segue sendo o que foi sempre, un partido nacionalista e de esquerdas, eu penso que ANOVA tén un pouco esa ideoloxía, pero dunha vez que se xuntou cun partido que é mais federalista ou mais españolista, que fuxe das cuestións identitarias e un pouco dos nacionalismos, tamén se está afastando un pouco do seu ideario. Eu particularmente teño claro que sempre fun unha persoa de esquerda e nacionalista, e non me vexo noutra plataforma que non sexa de esquerdas e nacionalista. Nunca se sabe, pero dende logo a día de hoxe non, eu penso que o BNG segue tendo moito sitio en Galiza, segue sendo unha forza forte. A escisión foi relativamente pequena en canto a número de militantes, e na nosa comarca vai seguir con forza pero claro, o futuro é incerto. Nestes temas hai unha presión moi forte dos partidos maioritarios tentando crear unha situacion de bipartidismo xeralizada e os demais estamos un pouco loitando contra esto, mírese o caso de Feijoo agora, intentando limitar o número de diputados pra asegurarse maiorías continuamente, hai unha presión moi dura contra os que somos minoritarios, pero bueno, penso que temos unha alternativa, e en canto cheguemos á xente coa mensaxe volveremos a coller a confianza do electorado seguro.

Despois do acontecido nas últimas municipais, e decir, a presión á que foron sometidos, en concreto vostede persoalmente aínda que tamén toda a súa candidatura, crée que sirveu pra algo ese mal trago?
Bueno, sirveu entre outras cousas pra poñer a cada un no seu sitio, un dáse conta da falsidade que tén moitas veces algunha xente, bótanche a mal polo lombo e ó final si poden cálcanche pró fondo e afóganche. Sinceiramente descubrín moita xente anónima que me chamou pra decirme que non estaba dacordo có que fixemos, decátaste de que hai moita xente que verdadeiramente vale a pena, aínda que non estean en primeira fila, e logo ves que hai xente que presumían de ser amigos, e para nada, a mín persoalmente sirveume, neses momento polas presións, por todo, particularmente vinme desbordado, creo que enfoquei moi mal eses quince días en canto a temas mediaticos, mais no fondo, si algo saco en limpo de todo esto é que a decisión foi absolutamente acertada, eu creo que se demostrou claramente, e sobre todo dende ese día ata a actualidade que a única posibilidade que tiñamos foi a que fixemos. Eu téñoo clarísimo, sen dúbida.

E decir, o que parecía que iba ser unha lexislatura "moi quente" quedou nunha balsa de aceite. A que se debe este cambio radical segun vostede, ou tén esto que ver coa aparente desaparición do PP da vida municipal activa.
Eu creo que hai varias cousas, primeiro que hai algunha xente que xa consegueu o que quería na política, polo que están un pouco mais relaxados, e despois que eu creo que o que se veu claramente na anterior lexislatura foi a clara falta de sintonía entre o PSOE e o BNG. Era algo duro, en primeiro lugar pró BNG, en segundo lugar pró PSOE aínda que eles disfrutaban do status que tiñan, e en terceiro lugar pró pobo.
Nesta lexislatura estáse vendo que hai moitas cousas en común que se poden falar, e falando chégase a acordos, hai un diálogo importante entre as dúas formacións e o grupo de goberno está moi aberto a buscar o diálogo con nós, a participar das nosas cousas, un continuo intercambio de información e de ideas que eu creo que está resultando moi positivo pró pobo. Si eso se houbera dado en lexislaturas anteriores estou convencido de que moitas cousas non se terían feito tan mal. Podemos poñer moitos exemplos, diñeiro que se tirou no pobo, obras inxustas, etc. Cando un grupo goberna durante moitos anos cunha soa idea, normalmente remata equivocándose, si escoita acaba acertando, eu creo que está servindo un pouco para iso, para acercar posturas e un nivel alto de diálogo onde gaña claramente a Illa. Estase vendo nesta lexislatura que se están conseguindo obxectivos que nos propuxemos a principios e incluso están aparecendo ideas novedosas, como as ultimas que tuvo o grupo de goberno có tema da caixa de financiacion ou no plano de emprego, que están sendo moi positivas, e nós estamos aportando as nosas ideas, posiblemente ese dialogo é o que esta propiciando esa "balsa de aceite".

Vostede non quixo asumir ningunha responsabilidade dentro do equipo de goberno, pero sí que extraoficialmente estao exercendo digamos. Eso nunca foi posible con Andrés González, como foi posible que se mudara tanto a relación entre os dous partidos dende moitos anos atras. Terían algo que ver os dirixentes que había antes pra que non foran capaces de chegaren a acordos puntuais, e anos despois se encontraran dous portavoces que foran capaces de chegaren a faceren políticas conxuntas?
Cando plantexamos todo o proceso fai dous anos, eu tíña ben claro que con un só concelleiro non íamos a poder gobernar en conxunto, e a min resultoume mais lóxico facelo dende fóra, primeiro porque tes un maior nivel de control, e dicir, cando gobernas con alguén márcanse unhas liñas e unha vez marcadas non te podes saír delas, e deste outro xeito, nós non estamos obrigados a apoiar nada do grupo de goberno. Si hai algunha cousa que me gusta darémoslle o visto bó e si hai outras nas que podemos negociar, negociaremos. Cinco contra un nun goberno é moita avantaxe, e sin embargo operativamente estamos case á par, aínda que eles son os que están a gobernar. Eu respeto esa avantaxe de dous mil douscentos votos contra catrocentos. Era tamén unha cuestión de coherencia, estabas pedindo nas eleccións que había que ser austeros, seguir unha serie de liñas, e vamos, que te presentes despois tendo a chave, e que digas, liberación pró alcalde é liberación pró concelleiro, eu creo que non estaríamos sendo xustos coa mensaxe que demos antes.

Por querer ser consecuente có seu discurso, desaproveitou o BNG unha posibilidade de medrar cuantitativamente non formando parte do goberno?
Un nunca sabe si é mellor estar na oposición ou estar gobernando, o tempo o dirá e os veciños o dirán. Eu sigo crendo que a solución era a ideal nese momento, sobre todo despois dun proceso tan convulso e tan triste prá imaxe do pobo. A mín, persoalmente despois diso que collas e te metas cunha liberación faríaseme un pouco... sería case darlle a razón... esa era unha imaxe que a min non me gustaba. Ó mellor podería ter sido positivo pró noso grupo pero tamén estarías dentro dun goberno cun pacto pechado que terías que acatar. Nós fixemos unhas liñas e estamos dentro desas liñas, non hai ningunha obriga de que eles acepten nada noso nin nós nada deles, e nese aspecto hai moitísimo diálogo, agora chámanme pra cousas nas que eu non teño aínda unha opinión formada, e a min eso paréceme moi positivo.

En que proxectos está a traballar agora mesmo o BNG Arousán?
Nós non estamos dando grandes ideas a nivel local, somos conscientes de que non hai posibilidade a nivel economico de buscar grandes infraestructuras nin grandes inversións, no que incidimos é nas obras de mantemento buscando cál é a prioridade. Aparte deso tamén estamos presentado cousas a nivel nacional como por exemplo có tema das preferentes, e aquí có problema da regularización das embarcacións, pero pra grandes proxectos consideramos que non se da a casuística tampouco, por exemplo, un pabellón, pois consideramos que non vai a ser prá agora. Onde mais debemos incidir é no tema das infraestructuras portuarias onde temos que mirar de que a Xunta dunha vez por todas nos faga un muelle como é debido...

O presidente de Portos estuvo fai pouco aquí...
A min todo eso paréceme propaganda, ata o de agora todo o que nos trouxeron foron fotocopias, e levamos moitos anos así. O bipartito, acertada ou desacertadamente fixo a obra que fixo, e dende aquela o unico que trouxeron foron fotocopias, e eu non me amarro a unha fotocopia. Logo o Centro de Saúde, a ampliación dos dous colexios, son cousas importantes que deberían estar feitas e nono están, e aínda que son responsabilidade do Bloque, sí que o son deste pobo, e por aí andamos.

Falando da situación actual do BNG a nivel nacional, todos sabemos ese carisma e ese magnetismo que ten Beiras, qué futuro lle vé o BNG ante esta nova maneira de facer política de AGE?
Bueno, vou a ser sinceiro, e que ninguén se sinta ofendido por esto, Beiras é un gran comunicador, unha persoa cun gran carisma, pero a eles interésalle que o nacionalismo estea dividido, dandolle forza a unha das partes, e relegando á outra, ou ás outras. ANOVA parte con esa avantaxe da predisposición que os medios teñen a presentar certa cara, tanto de Beiras coma da súa formación. Outros non contamos con esa avantaxe, de feito o BNG dende os medios de comunicación escritos, leva moita caña porque é unha forza incómoda pró status político, e polo tanto inténtase dende sempre rompela e agora intentase que non volva a rexurdir. Cando antes petaba có zapato na mesa era un animal, e agora que o fai con oitenta anos, que razon tén como protesta. Hai unha forma interesada de dar a imaxe da xente. Hai movementos que se satanizan porque son incómodos e hai outros ós que lle dan unha aura maravillosa porque lle interesa en xeral ó poder. Cando a xente se manifesta na rúa, si é de xente cabreada có goberno rápidamente se censuran, e sin embargo outras como por exemplo, as pro-vida, ou Galicia bilingüe, "que bien protestan, que guapos son". A ANOVA halle pasar o mesmo, cando deixen de ser útiles para os medios de comunicación tamén lle van a dar caña sen dúbida. De todolos xeitos o carisma de Beiras é incuestionable, e cecais no BNG faga falla alguén que absorva ese carisma.

Él fala de recuperar esa fronte popular, que probablemente sexa utópico hoxendía, pero que presentan coma a única posibilidade de parar á dereita. Non sei que pensa vostede disto...
Hai que darse conta de que só hai un partido de dereitas. A esquerda non tén esa hexemonía. Pra que exista tén que haber un consenso nas ideas. Por exemplo o partido de Rosa Díez, non está moi claro en que lado se posiciona ideolóxicamente, pero sí que está totalmente en contra do nacionalismo. En canto ó PSOE, está dentro do xogo do capital e da dereita, con diputados, exministros, etc, formando parte da burocracia e das grandes compañías privadas, aínda que hai que recoñecer que non dunha forma tan dura e tan drástica coma a do PP. En definitiva para chegar a esa unión hai moitos que primeiramente téñense que sumar ó carro, e o PSOE difícilmente o pode facer, a non ser que se rexenere moito. E logo hai outros que teñen que ser moi tolerantes cós posicionamentos nacionalistas, aquí en Galiza alomenos. Evidentemente en Galiza hai un sentimento nacional importante, e si alguén quere recoller ese amplo sentimento nacionalista para unha plataforma, terá como mínimo que respetalo.

Pois nada mais, o noso agradecemento para alguen como vostede, que ten a honradez de representar sen ánimo de lucro ó noso pobo elexido democráticamente, e tentando dar o callo de maneira exemplar.
Eu non acostumbro estar nas tertulias nin a meterme na vida dos demais, pero cónstame hai algunha xente que o esta a pasar moi mal e darlle ánimos a esa xente é moi, moi difícil. Anteriormente todos vivíamos do noso traballo e esperamos volver a eso todos. En canto a nivel político, aínda que que hai postos que deben ser remunerados para que se desenrole a labor dignamente, outros estamos en politica de xeito absolutamente altruista, intentando facelo o mellor posible e creo que somos dignos de confianza, a pesares dos erros puntuais que podamos cometer. Penso que a xente debe confiar en que esto funcione. Espero que a xente sufra o menos posible e que estes gravísimos problemas que vivimos vaian pasando, e dende as institucións, polo menos dende o Concello da Illa as cousas estanse facendo dentro do posible pra que funcionen un pouco mellor, e pra que todos os veciños podamos seguir vivindo do noso traballo, que foi o que fixemos ata o de agora.

Carlos Chaves Otero, voceiro municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello da Illa de Arousa.



xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx



     Tamén coma na anterior entrevista, ábrese agora a quenda de opinións pra quén queira participar no debate. Só pedimos cordura e sensatez nos comentarios, e esperamos desfrutar deles coma na anterior entrevista, sen ter que eliminar ningún.

     É obrigado pra nós agradecer a tódolos leitores a atención dispensada a este traballo.

     Seguiremos informando.






7 comentarios:

  1. me a gustado mucho la entrevista,muy coherente y sensato el portavoz municipal del bng,aun que no comparta su ideologia,cierto es que era logico que votara la investidura del actual alcalde,otra cosa seria ilogica y politicamente incorrecta.

    ResponderEliminar
  2. totalmente de acordo co comentario anterior,a pesares de que, carlos reconose o seus posibles erros,a min dame que eu non aguantaria o que el aguantou,cando os peperos o presionaron daquel xeito.

    ResponderEliminar
  3. Pa mín, o mellor de Carlos, o seu xeneroso sentido autocrítico. Moito de agradecer nestes tempos de políticos cutres e miserentos. Bravo Carlos.

    ResponderEliminar
  4. sin ser tampouco de ideologia nacionalista,entendo moy ben o que pasou o carlos y os compañeiros , visto lo visto en todo este tempo despois das municipales,que razon ten ,cando di eso de que: esta todo tranquilo por que, alguns conseguiron xa o que pretendian coa sua incusion na politica,jajajajaja esta clarisimo,a algunha xente o move so o interes, non todos son coma ti carlos que estas por ideologia e desinteres.

    ResponderEliminar
  5. si o pp esta desaparesido,sera tamen por que tanto o bloque coma o psoe,non atenden as suas prpostas,ellos se lo guisan y ellos se lo comen.

    ResponderEliminar
  6. a falta de responsavilidade da candidatura do pp y os concejales acadados nas ultimas municipais,e francamante bochornosa,como poden inhivirse deste xeito de quen puxo sobre eles a sua confianza,unha falta de respeto po-la sua deisadez de funcions,que se vallan si non asumen,nin loitan po-lo que prometeron,menuda banda.

    ResponderEliminar
  7. Gustoume a entrevista e, e xeral, as respostas do entrevistado. E por riba de todo "a persoa"

    ResponderEliminar

>>> Pódeste expresar libremente, só limitaremos o conteúdo ó obrigatório respecto que todos nos merecemos.