Os Maios: A festa da Primavera









     A festa dos Maios naceu na prehistoria, cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano, logo da época das chuvias e o frío, brotaba a semente e revestía os campos dunha explosión de cores.

     Naquelas sociedades neolíticas, a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza, provocan o nacemento do culto a deidades do mundo vexetal. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal, que non tardaron en relacionar tamén coa fertilidade da especie human. Daí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos.

     No que atinxe á nosa terra, o sustrato prerromano, de certa tradición celta, perviviú nas prácticas heterodoxas de Prisciliano e os seus seguidores no século IV dC na contorna da antiga Gallaecia. Sabemos tamén que o culto ás árbores ficaba entre os Suevos estreitamente emparellado có Deus Thor ou Donnar, a quén consagraban árbores grosos e vellos. 

     A Igrexa, ante a imposibilidade de acabar con estes vellos cultos, rematou por sincretizalos, situando estratéxicamente nos mesmos días a celebración dun santo ou un feito importante cristián. Exemplo disto son as moitas manifestacións agropecuarias vencelladas á festividade de San Pedro Mártir o 29 de Abril, ou a da Santa Cruz, a árbore das árbores o 3 de Maio, etc. Non fai falla facer moito esforzo mental pra relacionar o equinoccio da primavera có día de San Xosé, o solsticio do Vran coincidente có dia de San Xoan, ou o solsticio de Inverno casualmente cando se celebra o Nadal.

     En palabras do Papa Gregorio Magno no século VI:


"Non suprimades os festíns que celebran aquelas xentes
 nos sacrificios que ofrecen ós seus deuses. Transladalos 
ó día das festas dos santos mártires coa fin de que,
 conservando algunhas groserías e alegrías da idolatría, 
se predispoñan mais doadamente a gostar das ledicias
 espirituais da fé cristiá".


     En fin, que xa os nosos ancestros tiñan perfectamente definidas as súas celebracións, ás que outorgaban o sentido vital da súa cotidianidade e da súa existencia, para que tuveran que vir a deturparlas, primeiro os romanos e despois a igrexa cristián "etiquetándoas" con nomes de deuses e santos pra ocultar e trocar o orixinal e verdadeiro significado daquelas celebracións, fondamente enraizadas nas xentes dende o comezo dos tempos.



     Na nosa Arousa existeu ata mediados do pasado século a tradición de vestir ós rapaces pequenos, ós que chamaban "os maiolos" con flores e verde pra iren cantando polas rúas portando nunha especie de angarella unha composición feita tamén con moitas flores, tradición que se foi perdendo na segunda parte do século, aínda que nestas últimas décadas estase a recuperar, sobre todo no entorno do ensino cós rapaces. O que sí perdura é a tradición de adornar cós ramos dos maios as portas das casas, e tamén os automóbiles. Un xeito moi doado de celebrar individualmente a fascinación do ser human pola bonanza e a beleza que nos trae a Primavera.


     Aproveitamos pra desexar a todos os nosos sufridos seguidores pandulleiros uns felices e venturosos Maios na anual explosión primaveral da Natureza.



A Festa dos maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. 
Siñifica o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol
 por riba do hourizonte e coller altura e forza
(Vicente Risco)









Fontes: Galicia espallada, Wikipedia, revista A festa dos Maios.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

>>> Pódeste expresar libremente, só limitaremos o conteúdo ó obrigatório respecto que todos nos merecemos.