-e vós a que vindes ?
-D.Benito, vimos a falar con vostede… pero xa vemos que non é o momento. Os arrendatarios das leiras onde se ía construir a Igrexa nova viñan tamén a falar có Cura.
-Viñamos a falar con vostede para ver si este ano, que como ben é sabido a terra dou pouco e o mar menos, nos concedera unha pequena baixada nos trabucos.
-Vós a pedir, como tódolos anos… ímolo deixar para máis adiante, que mañá teño unha visita pastoral e despois veremos o que se pode facer -resposta Don Benito-.
-Pero, non tivo unha o mes pasado ?
-Esa non era importante, só era o visitador xeral D. Marcos, mais a de mañán é a do Cardeal Monseñor D. Andrés Taboada, nada menos.
-Non se preocupe D. Benito, que vostede xa verá como pasa con ben este trago. Os veciños, ó ver cómo estaban os ánimos do párroco, deixárono só coas súas preocupacións.
Amencía o 6 de outubro do ano do señor de 1772, D. Benito dirixíase á igrexa como tódolos días, pero seguía moi marumorado, se cadra máis, pois non tiña pegado ollo en toda a noite. Preto das dez da mañá, D. Benito, diríxese ao tombo do Cantiño na espera de Monseñor, que tiña que vir na lancha de pasaxe que daquela tiña que atracar nos cóns como podía, e que por certo, era propiedade do Cura.
Despois dos saúdos de benvida, D. Benito, Monseñor e a súa comitiva, dirixíronse á reitoral, onde o primeiro doulle toda clase de explicacións amosándolle os libros e as contas. E dalí foron para igrexa onde, aínda bén non chegaron, o dirixíndose o Cardeal a D. Benito espetoulle:
-Recórdoche que esta parroquia foi servida de cen dobróns, seis mil reais, para a construción da Igrexa.
Aquí estaba o que temía Don Benito!

Colleu aire, e comezou a largar o discurso que unha e outra vez ensaiara para sí dende que soupera da visita de Monseñor: Contoulle ó Cardeal que esa dotación de 100 dobróns investíraas na compra de gando vacún, do que esperaba acadar un beneficio coa súa venda que engrosaría os propios caudais para a obra. Xustificou esta sorprendente decisión explicandolle ó Cardeal que non eran aqueles bós tempos para grandes gastos en obras por mor das guerras, e que era mellor esperar a que chegase a paz pra que se moderasen os prezos dos materiais. Por outra banda os fregueses eran todos mariñeiros e atopábanse no "Real Servizo" e non podían contribuir axeitadamente.
Parece que o Cardeal apreciou bóas esas razóns, si ben lle recomendou ó cura que asumira un recibo de todo este importe incluíndo as ganancias do gando. Nunca deron os piadosos representantes do Clero puntada sen fío.
As guerras e os avatares continuaron durante moitos anos porque á Parroquia de San Xulián, non lle volveron a ser reclamados os 100 dobróns e moito menos as ganancias que deran as vacas, polo menos non se fai referencia disto nas actas das visitas pastorais ata a do 1 de agosto de 1800.
Neses primeiros anos do século XIX principiaron as obras da nova igrexa Parroquial, de estilo Neoclásico e con pranta de cruz latina, cun púlpito de madeira e unha bóveda de aresta enriba do altar maior.

Nos suamentos empregáronse pedras recollidas das ruínas da torre, alí ó ladiño (torre da que fala Fr. Martín Sarmiento no seu “Viaje a Galicia año de 1745” a cal conformaba un conxunto defensivo a canda as Torres do Oeste, a da Lanzada e a de Santo Tomé).
As obras foron rematadas no 1817, dezasete anos tardaron en construíla por causa novamente das guerras, neste caso a da independencia contra os franceses, sendo bendicida para o culto “...segun dispone el ritual romano...” o domingo tres de setembro de 1820 polo Abade de San Martiño Pinario, D. Ángel Ruibanba, mandado polo Arcebispo Rafael de Muzquiz y Aldanate, e acompañado de dezasete curas, entre eles o daquela cura párroco da Illa don Miguel Piñeiro.
Foille concedido o oficio da primeira misa o nóso veciño don Marcos Núñez que era por aqueles anos o párroco de San Juan de Cercedo.
Nese mesmo ano trasladáronse tódalas cinzas do antigo cemiterio do Nicho ó novo camposanto do adro da igrexa, fronte ás portas principal e lateral, que foron novamente trasladadas en 1882 ó cemiterio actual, debido ó crecemento do pobo. O retablo maior foi renovado no ano 1964.
moi bo artigo este,xa parece un capitulo dos pilares da terra,animo pandulleiros ...
ResponderEliminarUn post genial! Me encanta el blog! Mucho ánimo en vuestro trabajo!.
ResponderEliminar