'click' na foto pra ampliala |
Foi polo ano 1979 cando se celebrou aquela memorable Festa da Ponte no recinto do Grupo Escolar do Cabodeiro, unha festa reivindicativa do que era o anceio vital do pobo da Arousa, que por varias veces se esvaecera no pasado, pero que nesa ocasión, grazas á pertinácia da Comisión pro-Ponte, xunguido ó determinánte apoio de tódolos veciños, non se deixou fuxir. Aínda habería algún rebate mais, pero a aprobación do anteproxecto nas Cortes e a adxudicación do proxecto de construcción converteríanse nos meses e anos seguintes nun feito que ía mudar o noso futuro de xeito irreversible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
>>> Pódeste expresar libremente, só limitaremos o conteúdo ó obrigatório respecto que todos nos merecemos.