![]() |
Enrique III |
Como o prometido é débeda, imos encetar as Historias Carcamanas con ésta que de seguido relatamos, que conta nada menos que seis séculos, e que dalgún xeito nos achega un pouquiño a aquela Illa de Arousa medieval que non era mais que unha aldeíña con probablemente menos de cen habitantes que malvivían có que a Igrexa tiña a bén deixarlle nos piornos, e que habitaban no que hoxe ven sendo o rueiro da Torre.
Nos anos do troco dos séculos XIV ó XV, prodúcese un feito que afecta á nosa Illa, e que hai que situar no contexto das loitas mais ou menos “discretas” que mantiñan entre Nobreza e Clero, que eran os poderes estamentais da época, utilizando uns e outros ditas trapuxas coas que tentaban influír nas decisións do Rei para que éste lles outorguase posesións, concesións e privilexios cós que confirmaran ou aínda aumentaran o poder e riquezas que xa ostentaban.
Falamos do ano 1.402, e hai que ter en conta que só sesenta anos despois produciríase o Levantamento dos Irmandiños en toda Galicia, primeira revolución social acontecida en Europa provocada precisamente polos incesantes abusos cometidos por Nobreza e Clero coas clases mais baixas, e da que nunha próxima ocasión agardamos contar algo sobre o xeito en que lle afectou á nosa Illa.
O personaxe que nos ocupa hoxe é o que nesas datas era o Bispo de Santiago, chamado Lópe de Mendoza, que naceu en Sevilla alá polo ano 1363, escollendo a carreira eclesiástica para se converter primeiro en Bispo de Mondoñedo (1393), e chegar a Arcebispo de Compostela no ano 1.400 ata o seu pasamento no 1.445.
No seu mandato, tivo como un dos obxectivos primordiales precisamente evitar que a Nobreza aumentase o seu poder á costa do Clero, e tentou sacar á Igrexa da súa “pobreza” e do caos no que se atopaba o patrimonio désta polos manexos e influencias dos nobres. Tivo grandes enfrontamentos con D. Fradique de Trastámara, Señor de Lemos, sendo nomeado arcebispo polo Rei Enrique III, precisamente para diminuír o poder acumulado en Galicia polo Conde de Trastamara.
No que atinxe ós nosos antepasados Carcamáns, figuraba daquela entre as posesións da Igrexa, o “Coto et insula darouça”, da que os nobres da época querían apropiarse para explotar e beneficiarse da súa economía e industria, polo que o Bispo Lope de Mendoza, previos os manexos e intrigas cortesans das que antes falabamos, consegue do Rei a emisión dunha cédula real en Sevilla o 21 de maio de 1.402, truncando deste xeito toda esperanza que pudera albergar a Nobreza con respeito á nosa Illa, que quedará definitivamente ligada ó poder da Igrexa.
Extraemos este parágrafo do mencionado documento:
- “Para que al R, Monasterio de San Martín de Santiago se le mantenga en la posesión de la isla y Coto de Aroza, y de salar los Pescados con la obligación de tomar la sal de los Alfolies Reales y conducir libremente por la mar para donde quisieren. En la forma que lo había sido concedido por el S. Rey D. Alfonso XI su Bisabuelo, confirmado por el S. Rey D. Enrique II su Abuelo, por S. D. Juan I su Padre. Año de 1402”
Xa viña esta prebenda real nada menos que dende o bisabó do Rei Enrique III có cal nos remontaríamos ata o século XIII aproximadamente. Resulta curioso cando menos, que ó mesmo tempo que se lle reafirma a posesión da terra e da súa industria, (a Illa pertence a Igrexa dende a doazón do Rei Afonso II de Galicia (791-842) tamén se obriga á mesma ó aprovisionamento do sal propiedade da Casa Real para os traballos de salazón do peixe. Vamos, que aquí ninguén “daba puntada sen fío”.
E a xeito de ilustración reproducimos dita cédula coa súa transcrición:

Esta transcrición, témola grazas ao traballo de Araceli Guillán, nos non fomos quen de completala. Cremos, que aínda co que falta, enténdese ben a mensaxe do Rei Enrique III. Se alguén é capaz de completar os ocos (....) , non tardedes en comunicarnolo por medio dos comentarios...
sosioooooo a por todas
ResponderEliminarSinceramente me parece un trabajazo fenomenal! Yo llevo 34 años veraneando en A Illa y ya la siento como algo propio, me alegra poder documentarme de manera agradable y clara. Enhorabuena y ánimo que sé que no es un trabajo fácil!
ResponderEliminarTentamos achegar a nósa Illa a todos, ós de dentro e tamén ós de fóra. Graciñas polo agarimoso comentario.
Eliminaraljo vai mal na biblioteca ollo alcalde
ResponderEliminar