Heroes Carcamáns






     -Mira eses mariñeiros de Aguiño como apupan ós políticos no porto!
     -Non te confundas, que eses mariñeiros non che son de Aguiño. O muelle é o de Aguiño, pero os mariñeiros tan indignados que vés sonche da Illa de Arousa.
     Non podía consentir que os cumplidos outorgados a aquela acción fosen entregados a quen non os merecía, que o que para mín fora unha valente reacción dos meus veciños empurrados pola desesperación e pola ineptitude dos gobernantes de turno se atopase, aínda que fose no meu reducido entorno, condeada ó descoñecemento.

     Todo o pobo da Arousa demostrou aqueles nefastos días do que é capaz, lembro que os mariñeiros voltaban desolados da costa con tremendas novas. Novas que falaban de que ás portas da Ría tiñamos un monstro de sete cabezas chamado "chapapote" que ía entrar e arruinarnos a todos có seu negro gomito.

La Voz de Galicia
     Lembro a parálise dos pobos darredor, todos eles gobernados -qué casualidade- por alcaldes da mesma corda que as "autoridades competentes" que non daban espertado do seu letargo, e que aínda se rían de todos nós coas "playas esplendorosas", ou os seus "hilillos de plastilina", ou as súas cacerías de señoritos, abandoando á súa sorte a todo un país.

     E tamén lembro cómo eu, que non son mariñeiro, botei as más á cabeza cando pola tele informaban de que a decisión dos "listos" (os de mais arriba) era a de afastar o buque pra fóra, no canto de metelo nun abrigo que permitise solucionar o problema minimizando os xa ineludibles danos, como unha e outra vez solicitou o capitán, e como aconsellaba o sentido común. Pero non, a solución final era "mandar el barco al quinto pino"


     Cada decisión que tomaban empeoraba aínda mais a dramática situación, primeiro levando o barco pra fóra, logo cara ó sur ata que o goberno portugues parounos en seco cun par de fragatas, logo cara ó norte, con ingleses, franceses e todo o mundo coñecido abraiado có espectáculo, porque xa adiviñaban o que ía pasar.

...E pasou. 
...O peor que podía pasar, pasou.

     Despois chegou a mobilización civil para combater no mar a desfeita, a mobilización en toda España dos miles de voluntarios ós que nunca lle agradeceremos dabondo o seu bravo traballo (ladróns e drogadictos, segun un afamado alcalde que fixo uso aqueles días dos seus cinco minutiños de groria). E a manifestación de Santiago... "cinco mil personas mas o menos", e todalas demais da plataforma Nunca Mais en todo o País. Pero claro, eses non eran mais que un atallo de radicales que aínda por riba non sabían agradecer a morea de cartos que os "listos" (si, os de mais arriba) deixaron caír para taparen as súas propias miserias, créndo que con iso esqueceríamos as súas infamias daqueles días.

   Dicía eu antes que o pobo da Arousa demostrou do que é capaz: de organizar impecablemente as labores en terra para daren cobertura a todo-los que embarcaban nas planeadoras e nos barcos pra loitar contra ese monstro que axexaba na porta da Ría.

anuario 2003 La Voz de Galicia
     Todos eles, os do mar e os de terra, foron uns valentes que gráficamente se me antoxan coma aqueles ananiños do conto, que querían someter a un xigante que só có seu bafo podía barrelos a todos. Uns carrexando bidóns, outros xuntando o chapapote no muelle, as mulleres atendendo con víveres, limpándolle a cara negra do fuel ós mariñeiros que chegaban ó muelle, aventados da titánica loita no mar, carpinteiros, panadeiros, albañiles, rapaces, vellos, toda a Arousa nos camiños, de día, de noite, ata que felizmente poideron conxurar a apocalipse. Un exemplo para quén o supo ver, o espírito arrebatado dun pobo unido e entregado, mariñeiros e non mariñeiros a defenderen o seu futuro, foi a Illa de Arousa naqueles días un pobo que liderou có seu exemplo ós demais pobos da Ría, moitos dos cales ficaban á espera de que as autoridades (as de mais arriba) lle solucionasen o problema. Xa podían esperar sentados...


  • (..) En A Illa, nadie se quedó quieto. Como siempre. «Este pobo é increíble», se oía ayer. Y en verdad que lo es. Cientos de isleños, apoyados por los alumnos del Igafa, trabajaron durante todo el día en el muelle. No hizo falta coordinación: la gente de A Illa se organiza sola. (..) Un grupo de mujeres limpiaba con arena los útiles que llegaban del mar, impregnados de chapapote. Unas friegas y dispuestos de nuevo para su uso. Quizás eran las mismas que pasaron buena parte de la noche confeccionado aperos de trabajo. (..) En pocos minutos, barcos cargados y contenedores agotados.  El plástico para cubrir el fondo de las embarcaciones pronto se agotó. Pero ni siquiera importaba mucho. Una empresa de decoración suministró telas gruesas. Problema resuelto. (..) En A Illa también hay gente de Vilanova trabajando. Se quejan de que en su puerto no tienen medios ni ningún tipo de organización. Quieren colaborar, pero no se les pone fácil. Y algunos deciden no quedarse quietos y trasladarse a donde puedan colaborar. El municipio vecino es la mejor opción.         (La Voz de Galicia, 4 de Nadal de 2.002) 


     Non sei, xa pasaron dez anos e un xa vai avellando. Seguramente me falla a memoria.   Sexa como for, coido que é bó lembrar aqueles difíciles días que todo o pobo da Illa convirteu en heroicos a base de unión, coraxe e sobre todo, XENIO CARCAMÁN.




5 comentarios:

  1. estupendo artigo queridos pandulleiros,so engadir que en esas tristes datas do afundimento do prestige,saeu a flote a spiritu da arousa,a unha verdadeira lastima que so salga nas catastrofes o traxedias,que seria deste fermoso ovo,si salise a flote e se quedara pra sempre,en fin un romantico eso e o que son eu... grazas por estra hay un carcaman.

    ResponderEliminar
  2. http://mundoarousa.blogspot.com.es/

    Ven e comenta!

    ResponderEliminar
  3. Conseguistes levarme polo túnel do tempo dez anos para atrás. Fixéstedes un traballo evocador e emotivo. Grazas.

    ResponderEliminar
  4. Solo decir que si non fora por este pobo,A ILLA DE AROUSA, posiblemente non estariamos vivindo do mar ahora mismo.Foi a unica xente ,quitando dous de Aguiño,outros dous do Grove e outros dous do resto da ria,pero asi dous como estou decindo,que se preocupou polo seu medio de vida,o resto sabia que estabmos a limpar e nin se moveron.Penso que si ai algun premio importante,principe de asturias ou cousas desas,deveria recaer por aquí.O que temos que falar do que conseguimos e menos de politica que non ven o conto con esta historia da xente da ILLA DE AROUSA.

    ResponderEliminar
  5. Gracias Carcamans!! Sodes un exemplo para os demais...un orgullo contar con veciños coma vos

    ResponderEliminar

>>> Pódeste expresar libremente, só limitaremos o conteúdo ó obrigatório respecto que todos nos merecemos.