IMOS facer hoxe unha pequena reportaxe sobre Benito Iglesias ( aproveitando que xa dominamos a estas alturas os alcumes da Arousa, identificarémolo como Benito da Chabola).
Benito é un veciño do nóso Pobo que botou moitos anos traballando nas
Canarias e xa hai algúns que voltou, vivindo na actualidade afincado
en León, a terra da súa esposa Pili, cecais por iso algúns dos mais novos nono teñan aínda recoñecido.



Todo isto é para nós motivo de orgullo e por iso queremos aproveitar este medio para lle dar a xusta consideración que merece, por abrir ese escaparate ó exterior có que sin dúbida dalle unha nova dimensión a iso que neste blog chamamos “Xenio Carcamán” có que precisamente tentamos describir todas esas actitudes que definen o nóso carácter Arousán.
Para que poidades comprobar todo canto vimos de vos contar, e para que os que aínda non coñecían estes bonitos traballos poidan comezar a desfrutar deles, aí vos poñemos un vídeo cunha escolla dalgúns, no cal coidamos que presenta as cualidades descritas:
Ben, pola nosa banda cremos que xa fixemos unha achega bastante concisa destes traballos de Benito, así que chegados a este punto coidamos que é bén interesante
que él mesmo nos explique un pouco as súas inquedanzas e
experiencias coas súas exposicións e traballos, así que lle imos
facer unhas pouquiñas preguntas.
P: Quixeramos que nos contases a túa
experiencia cós murais plásticos e a acollida que atopas na xente. R: "de momento o que mais se comenta
sobre o meu traballo cos plasticos e que e moi orixinal ademais de
outras moitas ventaxas que ofrece o material."

P: Agora cóntanos
de que xeito naceu a idea desto: "R: pois naceu
de facer teatro e o ver que os materiales se deterioraban pensei no
plastico pola sua resistencia, facil manexo, e almacenaxe."
P: E qué
posibilidades lle ves nun futuro próximo a esta técnica? R:
"Pola miña parte moitas, xa que como pionero sei que aínda hay moito
que investigar pero podemola usar en actividades ó aire libre, coma
festas populares ou eventos publicos, desde concertos a acontecementos deportivos, poñendo en cada caso o mural có motivo mais axeitado."
P:
Sí, iso vímolo no vídeo dos murales. Tés agora mesmo
en proxecto algún novo mural? R: "Pois xusto
agora non, pero estou pendiente da Diputacion de Leon, que amosou
interes en coñecer este material e facer algunhas probas cos que xa
teño feitos. Ademais teño un problema de espacio físico que teño
que solucionar para poder seguir."
En fin, que a pesares dos atrancos que van aparecendo no camiño, o nóso home continúa coa súa laboura, pois según él mesmo asevera son moitas as satisfaccións que recibe por mor dela, como non pode ser doutro xeito -engadimos nós- cando as cousas se fán
coa pasión artística que él demostra.




Por último, temos que dicir que, por
sorte para o noso grupo de Pandulleiros, a Benito “témolo de man”
para que nos axude na ilustración dos artigos que vaiamos publicando
neste blog, algúns dos cales xa foron publicados, e outros xa os
temos subido á rede en algún que outro medio, coma este sobre a
importantísima excavación arqueolóxica do Monte do Castro, en
Besomaño-Ribadumia có que aproveitamos para enlazar tamén coa
vertente histórica dos nosos traballos que tamén seguiremos publicando por aquí:
FINALMENTE, só nos queda decir que contamos con Benito para, nunha prósima oportunidade poder facer outro achegamento á súa actividade no que teñamos que engadir novos traballos e eventos... será ó cabo, unha actualización onde podamos recoller unha nova evolución deste creador e innovador Carcamán. Polo momento só nos resta desexarlle que os Deuses Carcamáns lle sexan o mais favorables posible, polo menos ata esa nova oportunidade.
... O noso agradecemento tamén ós que tuveron a santa pacencia de ler esta reportaxe ata eiquí, que é unha cousa de moito moito mérito. Un saúdo pandulleiro a todos.
... O noso agradecemento tamén ós que tuveron a santa pacencia de ler esta reportaxe ata eiquí, que é unha cousa de moito moito mérito. Un saúdo pandulleiro a todos.
cada dia descubrimos mais cousas sobre a arousa ,sobre os carcamans,felicidades po-lo traballo que aqui amosades,oxala nesta singladura que escomenzades teñades vento mareiro, saude.
ResponderEliminarXa veño dicindo desde hai algún tempo que Benito é un artista de tomo y lomo". Tempo ao tempo . Unha aperta.
ResponderEliminar