O Vapor de Ribeira



'click' na foto para ampliala


     Impresionante foto do Vapor de Ribeira apeloucado de xente, e atracando nun porto non identificado, seguramente do norte da Ría. Sería un daqueles servizos que se facían nos anos 60 ás romerías da Guadalupe en Rianxo, ou do Nazareno na Pobra, que os mozos da nosa Arousa non perdoaban. Tempos nos que moitos sentíamos unha proximidade moito mais forte que a de hoxendía con eses pobos veciños do Barbanza. Unha comunicación que o mar, lonxe de separar, contribuía a nos xunguir utilizando aqueles (históricos xa) barcos de pasaxe, coma o Marita, o Vapor da Pobra, ou éste Vapor de Ribeira.



Se queres comentar, etiquetar ou ver mais fotos do álbum no facebook, PREME AQUÍ








No hay comentarios:

Publicar un comentario

>>> Pódeste expresar libremente, só limitaremos o conteúdo ó obrigatório respecto que todos nos merecemos.