Entrevista a Xosé Manuel Vázquez





     O pasado mércores-8 de maio fixémoslle unha entrevista ó nóso alcalde, Xosé Manuel Vázquez, co gallo do rebumbio que se está montando no País con algunhas decisións e iniciativas deste ilustre veciño nóso.
     Fóra de tendencias partidistas, das que os Pandulleiros queremos quedar claramente á marxe, a nósa pretensión é achegar a todo o pobo da Arousa as inquedanzas e proxectos dos políticos que gobernan as nosas vidas, polo que nas próximas semáns esperamos poder colgar neste blog mais entrevistas coma ésta, a outros significativos persoeiros das distintas opcións representadas no noso Concello. Agardamos que gostedes délas:






Pregunta: Catorce anos despois de que accedera á alcaldía da Arousa, que queda daquel rapaz?

Resposta: Pois as gañas de traballar, a ilusión de traballar e esforzarte polo teu pobo. Do rapaz queda a mesma persoa, un veciño mais do pobo, que durante estes catorce anos tuvo o orgullo e a satisfacción de ostentar o cargo de alcalde, cós mesmos amigos, coa mesma xente, básicamente queda todo, a armazón é a mesma.

Cal é o seu balance destas catro lexislaturas?

Eu sempre digo o mesmo, creo que non me corresponde a mín facer balance senon que teñen que ser os cidadáns. Sería un pouco presuntuoso pola miña parte ser eu quen o valore, creo que foi unha etapa moi apaixoante, despois dunha segregación, poñer un municipio a funcionar onde non había ningún tipo de infraestructura e hoxe estamos onde estamos. Eu creo que o fundamental deste proxecto é a cidadanía quen o debe xulgar e adxetivar, creo que o fundamental e que o concello da Illa de Arousa, en tódolos sitios se pode dicir, non tén débedas, non tén plan de axuste, é un concello estable. Cando iniciamos isto estábamos nun 150% de endebedamento, e agora estamos no trinta e pouco e eu creo que iso é o fundamental, foronse facendo infraestructuras, aínda que non sempre  todo o que un desexase, pero na vida todo costa, haise que esforzar, somos un dos poucos concellos en Galiza que demostrou ser un concello solvente. Había unha premisa ou axioma que antes se dicía e que agora está outra vez enriba da mesa, o da planta municipal, demostramos, os veciños e veciñas da Illa, có esforzo conxunto do colectivo catorce anos despois, que o concello da Illa era viable.

Que proxecto lle produxo a maior satisfacción nestes catorce anos e cal foi a maior decepción?

Houbo malos momentos, moitísimos, pero creo que o peor momento foi o Prestige sen lugar a dúbida. Houbo outros sucesos, como por exemplo os atropelos de veciños, pero o peor momento, pola psicosis colectiva, por como vías á cidadanía, o medo, pola tensión que se viveu naqueles días, eu creo que o peor capítulo foi o do Prestige. En canto ás satisfaccións, sobre todo o respecto dos compañeiros e da cidadanía. Pra mín tan importante é un proxecto grande coma un pequeno, tanto me sinto satisfeito ó conquerir rebaixar unha cabeceira dunha acera para unha rampa de accesibilidade, como ter construído esta Casa do Concello. E sobre todo, ser capaz de escoitar á cidadanía e intentar resolverlle os seus problemas.

Según os últimos sondeos, parece que o PP vai subir en número de votos nas municipais. Non sei si vostede ten coñecemento destes sondeos ou non, pero mais que nada quixera saber, se isto fose así, como pensa contrarrestar ese posible ascenso no noso concello.

Pois descoñezo totalmente eses datos, pero sorpréndenme, sobre todo cando a tendencia de votos dese partido está nestes momentos á baixa. Creo que o que se percibe nestes momentos e todo o contrario. Non podo opinar porque non coñezo esas sondaxes. A tendencia xeral dos concellos do noso entorno e en toda Galicia é precisamente a contraria, e o noso concello non creo que sexa alleo a esa tendencia.
O importante nestes momentos de dificultade, como era o noso slogan na última campaña, "unha Illa para as persoas" o que estamos facendo é traballar coa xente, axudándoa nestes momentos de dificultade dende o anonimato, axudando hombro con hombro, non poñéndonos por riba de ninguén, fundamental nestes momentos de dificultade, e despois axudando ós distintos colectivos, asociacións, traballando con eles tanto a nivel social, cultutral ou económico. Aínda que sona presuntuoso, o Concello da Illa é hoxe por hoxe un concello sostible, en contraposición á administración provincial e a autonómica, que en vez de axudar están contrarrestando. Estamos suplantando á Xunta de Galicia e á Diputación por exemplo. Nestes dous anos de lexislatura fixemos un plano de emprego con fondos propios, nestes momentos en que a situación do concello é economicamente bóa, sen plan de axuste e con remanente positivo, permítenos facer un plan de estímulo de emprego, que o ano pasado permiteu contratar en empresas da Illa e da Comarca a vintedúas persoas, e este que acabamos de rematar a dazaoito persoas, que son as que se van a contratar.
Outro tema, que foi unha innovación, pois tuvemos chamadas de toda España interesándose pola iniciativa, foi facer unha caixa de financiamento local, porque a problematica maior que hai nesta crisis é a liquidez, e nesas políticas de cercanía, de participación, esa é a política que imos facer, de estar coas persoas, estar cós distintos colectivos, falar cós empresarios, tratamos de poñer en marcha iniciativas pra darlle resposta e que sexan orzamentos participativos, e que vexa a sociedade que as súas propostas se reflexan nos orzamentos. O municipio debe ser a casa mais próxima, eu son un municipalista convencido, debemos potenciar o municipalismo para dar esa resposta de cercanía á cidadanía.

Ante o desencanto xeralizado ante a política e os políticos, que lle diría vostede á xente?

Os partidos políticos son fundamentais prá representación en democracia, que é o sistema político menos malo que coñecemos. Éste é un momento difícil de crisis, pero os partidos políticos son fundamentais. Dende o meu partido e a esquerda creo que son os valores que temos que defender e darlle voz sobre todo a aquela xente que está mais alonxada dos ámbitos de poder. É verdade que hai unha desafección, pero ó final todos buscamos no municipio darlle solución ós problemas. Eu creo que haille que dar un cambio grande á política no sentido de que a estructura de funcionamento, de como funciona ata o de agora a representación dos partidos, tan encorsetada nestes trinta anos de democracia, debe de abrirse, deben representar á sociedade adaptándose ó século XXI, e dicir facendo partícipes á cidadanía, sexan militantes, simpatizantes, sexan xente próxima a esa ideoloxía. Dende o respeto, abrirse á cidadanía sendo mais participativos, mais transparentes, que non sexan tan piramidais como son agora con esas estructuras tan fortes que non eres capaz de meterte, tan impermeables porque agora aínda están funcionando con estructuras do século pasado.

Esto é, que non tódolos partidos son iguais...

Non todos son iguais, evidentemente, senon sería un partido único e un pensamento único, como lle digo, débense recoller os pensamentos, e dende o respeto e o contacto coa cidadanía, sobre todo romper ese distanciamento que hai entre as cúpulas orgánicas dos partidos cá cidadanía. Creo que eso é o que crea ese distanciamento, porque son estructuras do século pasado e a cidadanía pide outras fórmulas. Por exemplo, eu sempre fun partidario das primarias, é fundamental que a xente participe e que se teñan en consideración as propostas da cidadanía.

Como se definiría ideolóxicamente vostede, entre un ideólogo como Beiras e un tecnócrata como Feijoo?

Ideolóxicamente, coma ningún dos dous, aínda que obviamente Beiras é o mais cercano dos dous por pensamento progresista, agora... nin un nin o outro, eu defínome como Manel, iso é evidente. Beiras é un dos grandes políticos que deu Galicia, pero xa el mesmo dixo que vai deixar paso, e Feijoo, "gracias y adiós por los servicios prestados".

Hai catorce anos foi Julián García Mouriño quen o esperaba na súa casa pra ofrecerlle a candidatura a alcaldía da Arousa... quén o esperaba a vostede na porta da casa pra ofrecerlle que se presentase como candidato a dirixir o PSdG-PSOE?

Ninguén, son cousas totalmente distintas. Naquel momento eu non estaba en política, se ben simpatizaba có partido, viña de rematar a licenciatura e empezaba nunha xestoría, e era unha situación totalmente distinta. Nin estaba en política nin pensaba neste sentido. Agora, catorce anos depois dentro deste mundo, formas parte dun equipo. Esto vén de hai tempo, e sobre todo despois dos últimos resultados autonómicos, onde compañeiros e compañeiras de distintos órganos, eu son membro do Comité Nacional Galego do Partido Socialista e estou na executiva provincial, pensaron que a experiencia de catorce anos, có que se fixo na Arousa é exportable a Galicia. Demostramos que é un concello viable partindo de grandes dificultades, e hoxe creo que é un Concello referente, e os compañeiros e compañeiras consideraron que hai que facer un cambio radical da xestión e do proxecto do Partido Socialista, e eu que non son moi novo, pero aínda bastante xoven, creo que é o momento dese cambio pra unha nova etapa dentro do socialismo galego. Pensaron en mín, e eu despois de reflexionalo durante estes últimos meses estou disposto a entrar neste proxecto pra aportar ó socialismo, porque creo que o socialismo e o movemento que mellor pon en contacto á cidadanía para dar resposta a esta crise, dentro da dificultade que conleva, porque eu creo que debemos dar resposta dende a administración a estas inquedanzas que tén a xente e que dende o socialismo se pode aportar, e foi o que me levou a dar este paso.

Coméntase dende hai algún tempo que está a usar o Concello como trampolín para a súa carreira política. Refírome concretamente a críticas que xurdiron cando se fixo público o proxecto da Caixa de Financiación do Concello. Que tén que dicir vostede ante esas críticas?

Pois que se resposta por sí sóa. Levo catorce anos no concello, e creo que as críticas hai que escoitalas e telas en consideración pero neste caso creo que "non ha lugar" porque a miña experiencia vital demostra que eu nunca estuven en ningún cargo orgánico do Partido, nin fun diputado autonómico nin provincial nin nacional, nunca tuven esa ambición, A miña máxima sempre foi que o concello da Illa de Arousa fose un referente, que estuvese saneado pra poder ir coa cabeza alta e dicirlle a todo o mundo que temos as facturas pagadas, e intentar, dentro do posible, que a calidade de vida dos veciños da Illa sexa a mellor posible, o mais equitativa posible entre todos e dende ahí, dende a igoaldade, mellorar as condicións de vida dos nosos veciños. Eu creo que con ese binomio, esa simbiose que se dou entre Concello e veciños, hoxe a Illa de Arousa é un referente. A miña máxima sempre foi o Concello e adiquei sempre todo o tempo e mais, a que este concello fora viable.

Está claro que vostede supón un aire novo, si accede a Secretaría Xeral do PSdG-PSOE, pero en qué se plasmará iso, nunhas políticas innovadoras, ou pola contra, será continuista cós seus antecesores.

É obvio que hai que facer un cambio radical de xestión porque xa dende fai tempo que hai un desapego entre a cidadanía e o Partido Socialista, iso é mais que evidente, e temos que facer esa diagnose pra resolver a problemática. A política, como digo, eu básoa na proximidade e na cercanía. Os que me coñecen saben que eu non son dos que sacan o coello da chisteira, e agora que estou percorrendo Galicia e as distintas comarcas e agrupacións, creo que hai dous pilares fundamentais que foi o que nos levou a perder ese apoio da cidadanía, que son recuperar as agrupacións locais, as Casas do Pobo como punto de encontro entre a militancia, os simpatizantes e a xente progresista, e iso fará que o PSdG volva a ser un referente. Dúas atalaias dende o punto de vista político e dende o poder ós municipios. Hai que potenciar o municipalismo que eu creo que o temos olvidado no Partido Socialista. Nós somos xente normal, e si volvemos a saír a rúa, falamos coa cidadanía e somos nós mesmos, volveremos a recuperar á cidadanía. Iso é no que se vai a basear o meu proxecto...

Recuperar a rúa, dalgún que outro xeito...

Á cidadanía mais que á rúa, porque ás veces agora malinterprétase ese termo. O Partido Socialista é un partido de xente normal, obreira, de xente traballadora, eu creo que cometemos erros, e non podemos intentar ser outra cousa, porque cando intentas ser unha cousa distinta do que realmente eres, a cidadanía dáse conta e sempre vóta ós reales, non?
O que debemos é recuperar esa esencia que fumos sempre. O Partido Socialista tén que ser a voz dos que están mais lonxe dos ámbitos de poder. Recuperar as Casas do Pobo como punto de encontro da cidadanía, as súas inquedanzas que veñan alí. Eu comprométome a que as decisións das asembleas locais, como un proxecto de abaixo arriba, se respeten e non se cambien. Só así os compañeiros veránse útiles e terán ilusión. Agora mesmo hai unha desilusión e unha desgana, eso que vostede antes dicía, esa desafección á política, porque a xente sabe que ó final non decide nada, hai un alonxamento entre a cidadanía, a propia militancia dos partidos políticos e os órgaos directivos. Non, non, teñen que sentirse útiles, e a forma de sentirse útiles é que o que se decide, valga. Nese momento recuperaremos á xente, como eu lle chamo, ós das trincheras, e así tí terás á xente da rúa, ás bases, porque pra grandes retos tés que ter unha boa cimentación. Pois isto é igoal. Eu sempre poño o mesmo exemplo que o entende todo o mundo, pra gañar as eleccións estatais, tés que gañar primeiro as municipais, e en trinta anos de historia da democracia así foi. Xa lle digo, non van ser grandes cambios, vai ser simplemente recuperar a nósa esencia, e aplicala realmente, e dígolle a vostede que imos recuperar a confianza non só da militancia senon de toda a xente progresista.

Podería resumir as liñas programáticas no proxecto de partido que vostede quere prós Socialistas Galegos?

Son as que acabo de dicir, temos compañeiros que xa non fan asembleas polo que lle digo, por ese descrédito. Facer un partido de abaixo arriba, sen etiquetas, participativo, eu son partidario das primarias, e das primarias abertas, non só da militancia, porque eu creo que canta mais xente participe mais forte será a nósa candidatura. Pero que esa decisión sirva. Se a decisión sirve, a xente vaise sentir útil e vai ter ilusión. Potenciar as Casas do Pobo como poder ideolóxico e os municipios como poder institucional, eu creo que a proximidade é basica, e dende o municipio tí coñeces todas as necesidades e as inquedanzas da cidadanía. Son dúas atalaias dende onde ves a problemática e ahí temos que ter unha coordinacion de abaixo arriba, agrupacións locais, comarcais e provinciais e despois estatais.  Iso sí, nun sistema federado, eu creo no federalismo. Eu creo que o PSdG debe ter mais autonomía cunha lealdade total ó PSOE e ás outras federacións, e viceversa tamén, pero creo que debe ser de abaixo arriba. Si a xente vota e decide, síntese partícipe. O municipalismo é fundamental no tema de fixar xente ó territorio, que é un problema básico de Galicia. Agora có problema das preferentes, dos desafiuzamentos, ves que a xente busca ós seus alcaldes. Porque é o mais próximo. E nos concellos asumimos multitude de competencias. Se queremos que Galicia teña futuro tén que ter un rural forte e vivo, e iso só se crea có dinamismo dos concellos. Que o rural non é só o interior, o litoral tamén é rural, e un problema fundamental como é o avellentamento da poboación é un dos problemas grandes que ten Galicia. Eu creo no Sistema Público, creo na fiscalidade progresiva, que as rendas do capital hainas que equiparar ás rendas do traballo, a fiscalidade non pode recaer só no traballo porque así sofren as clases medias-baixas sobre todo. A mín gostame falar de eficiencia e equidade porque un dos errores nos que caímos foi falar da austeridade, que é un término neoliberal. Os recursos públicos son de todos. A administración publica tén que facer os esforzos para que os seus veciños teñan os mellores servicios e as mellores condicións e as mais equitativas para todos, pra que noten o menos posible esta crise, e non ó revés, que sexa a cidadanía a que sofre esta crise e a administración non. Coa lexislación vixente, a administración debe favorecer, recuperar un sistema financeiro galego fundamental. Estamos vendo na Comarca do Salnés a desindustrialización producida por problemas como os de Cuca, Alfageme, etc, que crean un gravísimo desemprego estructural. Si non temos un sistema financeiro propio Galego público para favorecer, ou poñer as condicións para que os nosos sectores económicos e sobre todo a industria teña un asentamento, imos a un empobrecemento do País.

Pra rematar, que lle diría ós seus militantes e simpatizantes pra que votasen pola súa candidatura na próxima Asemblea Xeral no PSdG-PSOE?

Pois sobre todo, que pensen no partido socialista como un proxecto común có conxunto da cidadanía. En darlle resposta ó desemprego, os desafiuzamentos, ó problema das preferentes, a falla da cohesión social, que se está rompendo, os índices de pobreza, etc. Nós temos que estar ahí, coa cidadanía, axudando á xente. A mín non me gusta adxetivar o de "militante de base", porque chegamos nós mesmos a confundirnos. É igoal de militante o cargo mais alto do partido, que Manel o da Illa, ou que o resto dos militantes, e dentro desa igoaldade, que nos fai libres, votar polo proxecto do Partido Socialista que crean mellor. Eu o que quero é aportar, non vou en contra de ninguén senon que eu quero facer un proxecto de Partido Socialista forte e que dea resposta á cidadanía pra que nos vexan como esa casa, ese espacio de encontro que é o Socialismo.

Xosé Manuel Vázquez Vázquez alcalde da Arousa, e candidato á Secretaría Xeral do PSdG-PSOE.




     ...Ata aquí chegou este traballo pandulleiro. Agora os que o desexedes podedes comentar con total liberdade o que queirades, pois o debate está aberto. O único que vos pedimos é cordura e sentidiño nas opinións, pois como xa temos advertido noutras ocasións, aqueles comentarios que consideremos ofensivos ou inapropiados, serán eliminados da discusión.

     O noso agradecemento á Xose Manuel Vazquez e a tódolos leitores que chegaron ata aquí.












28 comentarios:

  1. muy buena entrevista,aun que ideologicamente no soy de izquierdas,si lo que dice este alcalde es verdad,esto hay que aplicarlo en todos los concellos,pues es lo maximo, un concello economicamente viable,es la bomba.

    ResponderEliminar
  2. parabens pandulleiros,por a entrevista,e sorte manel neste novo proxecto.

    ResponderEliminar
  3. MOITA PALLA SECA,OLLO E NON SON DO PP

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ome palla ,palla eu non vexo,o que si vexo son ideas muy claras e moitas ganas e ilusion.por certo eu non son do psoe.jajajajaja.

      Eliminar
  4. gustame esta entrevista,o alcalde esta a demostrar ser unha persoa preparada y moi mal no deve de estar a facer ,cando leva tantos anos na alcaldia, o povo e soberano eles sabran elexir con sentido comun,ademais parece que ten moita ilusion por cambiar as cousas,y eso e o que fai falta,xente que cambie as cousas.y pense mais nas persoas e menos dun xeito partidista.

    ResponderEliminar
  5. a entrevista e un pouco larga,pero entendo que moi interesante,e compricada de recortar,pois saldria amputada,o certo e que vale a pena chegar o final, o xuis esmerouse,jajajaja,e planteoxou preguntas bastante escabrosas,ahi demostrase a independencia dos pandulleiros,un saludo e graciñas, unha aperta dende o outro lado do oceano.

    ResponderEliminar
  6. Bla, bla, bla e máis bla...

    PD: Eu son do que son

    ResponderEliminar
  7. estou dacordo que non e o mesmo ser de dereitas que de esquerdas,a esquerda ten un discruso responsable e de compromiso,a dereita e do que e,o non ten discurso,so bla, bla, bla, e mais bla, bla e bla, bla.

    ResponderEliminar
  8. A Alcaldía é a oficina do candidato á secretaría xeral do psdeg?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. lee a entrevista,que non te enteras.

      Eliminar
    2. E lo onde se fixo a entrevista?

      Eliminar
  9. o "discruso" do "arcalde" é chupar do bote, así que viva la iskierda (ex aluno da loxse)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo12/5/13 0:00

      ti non eres ex de nada,notase ben de que eres e de quen,jajajajaja

      Eliminar
    2. سزمهورخجظط٨ججخكؤإ رسشصض....y tu tambien manolo.

      Eliminar
    3. xa me parecia amin que eras un taliban dos que van e van po c......

      Eliminar
  10. esta claro que no tera doado,os partidos mañoritarios non permiten que se mova unha palla sin que a diretccion do partido a manipule,de todas formas, noravoa por intentalo, a mañoria de nos preferimos estar na casiña e que nolo sirvan quentiño,mais alo das ideoloxias estan as persoas,y as boas persoas a verdade e que escasean,o que abundan son os evidiosos e ignorantes.

    ResponderEliminar
  11. hombre no conozco personalmente a este alcalde,pero mi reflesion va desde una persona de izquierdas,lo que dice lo dice con mucha sensatez,cosa que en casi todos los politicos brilla por su ausencia,yo me e leido toda la entrevista,y merece todo mi respecto alguien que piensa asi, las cuestion es: si una vez logrado el "poder" todo esto se quedara en una mera declaraccion de intenciones¿¿¿¿¿.

    ResponderEliminar
  12. unha vez leida a entrevista hay que reconocer,que di verdades como puños,e, este alcalde ten as ides muy claras , desde logo si o concello esta saneado como di nas suas declaracions,non solo hay que copiar esa xestion,sinon que tamen demostra que e unha persona moi valida para a responsavilidade de dirixir o psdg, experiencia e capacidade de traballo,e este xoven pero esperimentado alcalde reune estes requisitos,espero que os meus compañeiros de partido o vexan asi tamen,e reuna os apoyos suficientes para ser o prosimo secretario xeral.

    ResponderEliminar
  13. despues de dar un repaso por la red y leer este articulo,mucho me temo que las posibilidades,de salir en el prosimo congreso no son muchas ,pues mediaticamente no es nada conocido,y ademas en los medios de comunicacion no lo estan dando como uno de los posibles,una pena,pues despues de escuchar y ver al pachi al ex ministro camaño,me da la impresion de que besteiro es mas mediatico,pero este alcalde, jose manuel vazquez es mas completo en el sentido de que seria un mejor gestor y posiblemente lo que necesite el psdg,es alguien que gestione el partido en todos los sentidos,todo va a depender de los apoyos que este alcalde consiga,por que mediaticamente no vende mucho.

    ResponderEliminar
  14. Anónimo15/5/13 9:43

    a ver si da a sorpresa como no seu momento o zp,de todas as maneiras algo cheira a podre nos partidos politicos,cando se poyen tantas trabas a hora de que chegue aire novo as suas diretcions.

    ResponderEliminar
  15. nadei e profeta na sua terra,pero o que si esta claro que ser alcalde en catro lexislaturas xa ten merito, e mais sin poder-lle achacar ni un pero,pois en eso a oposicion non pasaria nin unha,unha pena que os partidos politicos sexan tan cerrados y as alternativas si non teñen un bon padriño no cheguen a ningun lado,veremos o que acontece.

    ResponderEliminar
  16. Interesante entrevista na que quería facer unha precisión. O encargado de buscar o candidato encargado pola Executiva do partido socialista fun eu e foi na muiña casa e non na de nengún outro militante onde colleu o compromiso de presentarse. Calquera outra afirmación é inexacta.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Según as informacións que ten esta redaccion, foron Julian e Ervin os militantes que por
      encargo da executiva foron falar con Jose Manuel Vázquez á sua casa, e facerlle a proposta
      de ser o candidato a alcaldia do psdg-psoe, por encargo da executiva local.

      Eliminar
  17. eu son votante do pp,non teyo por que agachalo,pero reconozco,que este alcalde non o esta a facer tan mal,as cousas son asi,cos poucos recursos que ten esta a facer unha laboura municipal moy boa,outra cousa xa e o da sua candidatura a secretarira xeral do psoe,a min pareceme que carece de carisma incluso dentro do seu partido,e coincido con algun comentario anterior,que besteiro ten mais posibilidades,en fin sexa como sexa,e o meu alcalde ainda que eu no votase,e para a a isla seria bo ter a algen en esa responsabilidade,asi que sorte.

    ResponderEliminar
  18. xuiz,si entrevista a carlos (bng),prejuntalle pa que sirveu o seu apoyo nas ultimas municipales,estara contento,pois eu non vexo que sirvira pa nada,mais que pa ter a este alcaldiño chupando do bote.

    ResponderEliminar
  19. o que bng apoyara a investidura de manel,sirveu para que catro mangantes narcotraficantes e enchufados da diputasion e da xunta,(zoila,e o juan jose) non noos estiveran mangoneando.

    ResponderEliminar
  20. casacorruptos19/5/13 14:21

    ome o de juan jose esta claro,louzan inventouse un cargo,para poder pagalo,e o de zoila,ten moito carallo,unha rapaza que nin siquera acabo puericultura,mira donde esta,pero a quen sorprende esto¿¿ e a maneira que ten de facer politica o pp,non hay ideas solo favores y estos hai que pagalos,,o que non e menos delito e que dende sempre leva, a narcotraficantes nas suas candidaturas,e o pp da isla o servicio dos narcos non vay a ser menos,nesta ocasion tocolle o berrecho,menudo elemento este tamen.

    ResponderEliminar
  21. elogo si o berrecho,como salira nos medios daquela ,estaba imputado por contrabando de tabaco,que traia polo visto das canarias,como e que se poido presentar na candidatura do pp sin te atecedentes,esto no entendo eu.algen pode explicarmo,gracias.

    ResponderEliminar

>>> Pódeste expresar libremente, só limitaremos o conteúdo ó obrigatório respecto que todos nos merecemos.