O asalto dos Homes do Norte (III)



A Proposta



     Aínda ben non chegaron os arroutados Normandos á porta da capeliña do Nicho, fíxose dentro un sombrío e cavernoso silencio. Os veciños que ficaban mais preto da entrada arredáronse pra atrás prudentemente, temendo que derrubaran as portas e lle caíran enriba. Abaixo nonas botaron, mais non lle foi moi complicado abrir as dúas follas de par en par, levando por diante a fechadura có empurron que cinco ou seis deles lle deron a un tempo. Os espantados arousáns correron instintivamente mais atrás, ata ó altar. Xa non quedaba mais sitio pra onde fuxir. O epílogo que esperaban chegou por fin.


     Con todos dentro da capeliña, os depredadores ficaron inmóviles durante uns intres ante as súas asustadas presas. Semellaba que dubidaban do seguinte e definitivo paso que lles quedaba por dar. Prós aldeans foi sentido coma se transcorriran unha ou dúas horas de agónica ansiedade ante a incerteza da situación, mesmo algunhas mulleres ficaban  xa no chan desmaiadas, vítimas da abafante angustia do momento.


     Mais non era indecisión, agardaban a chegada dun deles, un que debía ser o seu comandante, pois levaba por riba da roupa unha especie de enorme e frondosa pelexa a xeito de capa, feita có que parecía un pelexo dalgunha caste de besta lanuda, cecais dun oso, a cal conferíalle un porte diferente ós demais, unha especie de distinción de clase, ou de mando. Colouse polo canle que os seus homes fixeron ó medio e medio ata que se chantou diante de todos ollando ameazadoramente pró atestado altar.



     Sen se virar de costas, dixo algo, e de súpeto apareceu a carón dél un dos de atrás, de figura mais cativa que a meirande parte deles, e prácticamente desarmado, pois só portaba un pequeno coitelo ou puñal ó lado dereito De inmediato adiantouse cara ó grupo dos veciños tentando a comunicación con eles por medio de señas. Parecía que buscaban  algún "xefe" con quén puderan parlamentar. 


     Folga dicir que entre os veciños ninguén se presentou voluntario, mais dun xeito inconsciente tódalas miradas apuntaron a unha persoa no medio deles. Chamábano Sr. Manoel de Cores. Este home non era ningunha representación legal dos veciños, pero certamente posuía un grande carisma entre eles polo arroxo e determinación que sempre poñía cando de negociar de asuntos de contratos cós frades se trataba. Era un home de conviccións sociais inéditas pra aquela época, unha persoa que sempre procuraba a defensa da parte mais feble, que eran eles mesmos, e unha persoa na que confiaban sempre pra defender os intereses da comunidade. Así que de facto resultou designado unánimemente, mal que lle parecese ó probe home, porque non era aquela unha boa situación pra destacar. Mais xa non tiña remedio pra él.

     Feita a escolla do interlocutor, outra vez por medio de señas, e un pouco tamén collendo catro palabras que uns e outros coñecían do latín, uns por telo asimilado doutros sitios onde estuveron de visita, e os outros polas diarias arengas que recibían na misa a cotío, o caso é que foron capaces de transmitir unha proposta que de ningún xeito os nosos veciños esperaban:



     O que os invasores querían, era establecer unha base segura na que preparar nos meses seguintes os definitivos ataques cara ás riquezas que perseguían na Sé do Bispo en Compostela, obxectivo polo que viñeron ata aquí. Pra eles esta illa era o lugar mais acaído de toda a zona: unha posición privilexiada no medio da Ría, controlando tódalas entradas e saídas dela, unha illa nin moi pequena nin demasiado grande, con varios outeiros dende onde vixiar, e por mor disto último, de doada defensa en caso preciso. A única illa na Ría con terra cultivable dabondo pra abastecer de víveres ás valeiras adegas dos seus drakkar.

     Porén, pra lograr isto último, precisaban que as xentes proseguisen coa súa vida sen descoidar as súas labouras na terra e no mar, cuxa producción entregarían ós invasores polo tempo que fixera falla. A proposta era ésta, e en contrapartida prometeron que toda a xente conservaría a vida, agás lóxicamente os probes monxes que xa pagaran con ela un pouco antes. 


     As alternativas ofrecidas fixeron doada a escolla prós arousáns, así que a cousa solventouse moito mellor do que pensaban ata había ben pouquiño. Era preferible salvaren as vidas, aínda que quedasen convertidos en escravos de dous milleiros de arroutados nórdicos. Noutros pobos darredor non poderían contar o mesmo.


     Pero despois dos primeiros suspiros de alivio comezaron a ver os problemas que ía provocar este trato. O Señor Manoel tentou convencelos do imposible que resultaría pra eles alimentar a tantísimos homes
có produto do seu traballo, pois có seu esforzo diario escasamente conseguían bulrar a fame e sobrevivir. Si lles tiñan que entregar todo o que tiñan, morrerían de fame. Conseguintemente o que lles esperaba non era a escravitude, senon a morte por inanición. Isto era un calexón sen saída.


     Tuvo habilidade o Sr.Manoel en facerllo entender ós vikingos, pois axiña o asimilaron, decatándose de que eran demasiada xente prás posibilidades reais dos seus reféns, así que de xeito inmediato tomaron a decisión de se dividiren e buscaren outros lugares pola Ría que considerasen axeitados estratéxicamente, e non moi alonxados, dividindo os seus asentamentos en terra, que por certo tamén lles facilitarían un mellor control de toda a Ría.


     Así o fixeron, e ó cabo de poucos días xa estableceran campamentos nun lugar chamado A Xunqueira en Rianxo, e na Illa de Cortegada, que coa Arousa, eran lugares óptimos e de rápida comunicación, dende os que poderían coordinar a necesaria unidade de acción de todo o seu exército que faría mais doado o control de calquera ameaza darredor deles.



     Na Arousa estableceron o campamento nos lugares onde desembarcaron, atopándose ademais cun lugar privilexiado que lles facilitaba enormemente a vixiancia de toda a Ría: todo o entorno do Con de Navío dende onde foran avistados por primeira vez por Lenchiño e Xurxiño. Todo parecía favorecerlles, pois aínda descobriron ó pé deses penedos unhas gretas na pedra que nalgúns casos mesmo convertíanse nunhas covas que lles permitirían manter agochada unha gornición de vixiancia mais ou menos estable alí. Nesas fendas tamén podían gardar armas e parte do necesario pra ficar nese sitio sin ter que baixar dalí.

     En canto ós Arousáns, nas seguintes semans tuveron que facer en varias quendas sendos viaxes cargados como cada quén poido, o camiño cara ó campamento vikingo, enchendo as despensas déstes con toda caste de legumes, gran, animais, peixe, etc., o que lles deixou valeiras as súas propias. Bueno, como tamén é loxico supoñer, non se ían deixar morrer de fame tan cedo, e foron capaces de se amañaren pra furtar algo prá súa propia subsistencia, o cal era tolerado polos invasores, pois convíñalle que a comunidade continuase coa producción, e nono ían lograr se convertían ós seus escravos en famélicos esqueletos ou en enfermos sen forza pra traballar.


     O que non sabían os nosos veciños era que os tiranos que os tíñan presos tampouco pensaban deixar vivo a ninguén pra cando se embarcaran no asedio das riquezas do Bispo en Compostela.


     Ante a incerteza do seu discorrer polas nosas terras, que iba parexo ó aleatorio resultado das súas empresas bélicas, non consideraban moi acaído prá súa propia seguridade deixar ningún tipo de ameaza nin resistencia na retaguardia. Os reféns ficaban polo tanto inorantes deste desenlace que lles tiñan reservado, e aínda se consideraban cheos de sorte por teren salvado a vida cando xa non daban un can por ela.


     Así foron pasando algunhas
 semanas cuns e outros cumprindo a súa parte do contrato, onde por certo os Vikingos, sen se decataren, ían relaxando cada vez mais as súas obrigas de vixiancia e control, acomodándose a unha situación na que non só non atopaban resistencia, senon que tiñan a todo o pobo entregado en mantelos.


     Por certo, que este afrouxamento do seu celo invasor foi bén aproveitado polos nosos Lenchiño e Xurxiño, que eran uns rapaces moi confianzudos que nese pouco tempo conseguiron entablar certa relación de camaradería con algúns grupos de túzaros, que xa os tomaban coma unha especie de mascotas coas que pasaban moitas horas mortas enredando, ou utilizándoos pra que lles ensinasen os recunchos da Illa de xeito que os poidesen aproveitar estratéxicamente nos seus fins dominadores. O asunto foi que os pequenos puderon dalgún xeito adiviñar os terribles plans que tiñan reservados pra todo o pobo, e que non tardaron en transmitir ós seus país e éstes ó resto da xente.


     Había que estar atentos e buscar axiña un plan có que fuxir todos xuntos antes de que os seus verdugos pudesen levar a cabo a nefasta idea que pretendían.



Próximo capítulo:  (IV) A Fuxida




Links a tódolos capítulos do relato:
(I) O desembarco
(II) O ataque á Arousa
(III) A Proposta
(IV) A Fuxida
(V) A derradeira visita


© fmca

5 comentarios:

  1. Cada vez quedamos con máis intriga

    ResponderEliminar
  2. Pretty section of content. I just stumbled upon your weblog and in accession capital to assert
    that I get actually enjoyed account your blog posts.
    Anyway I will be subscribing to your augment and even I achievement you access
    consistently fast.

    ResponderEliminar
  3. Alejandro23/2/13 18:55

    Xa a fixemos, Vale,que sí, que está moi ben. Pero ¿ Para cándo o desenlace final?

    ResponderEliminar
  4. Graciñas afisión, o remate está moi, moi preto, e prometemos un desenlace interesante e de seguro inesperado...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo24/2/13 7:32

      Esto vay ser millor que o capitan Trueno mais o Jabato xuntos

      Eliminar

>>> Pódeste expresar libremente, só limitaremos o conteúdo ó obrigatório respecto que todos nos merecemos.