O escándalo das Preferentes






É certo que o sistema financeiro no seu conxunto non é prescindible. De xeito moi acaído compárase moitas veces coma o sangue do corpo. A súa falla sería incompatible coa vida.


O indignante desta cuestión xurde cando algúns banqueiros “listillos” pensan que están en posición de ameazar á sociedade “pechando a villa” do crédito e así afogar o movemento económico de todo un país. Ou ríndose de todos e cada un de nós cando se bota a unha familia da súa casa por se retrasar nos pagos mentres eles conseguen do goberno os cartos (de todos nós) que fagan falla para reflotar as súas Empresas, logo de arruinalas coa súa nefasta xestión.

Un exemplo bén clariño témolo no chamado escándalo das "preferentes" no nóso país, que por desgraza tamén afectou a moitos veciños da Arousa os cales amosan diariamente a súa indignación polo engano que sufriron protestando diante das sedes das entidades ante a atónita mirada de todos. Sería moi interesante coñecer cales dos clientes suscriptores dése infernal producto financeiro son quén de comprenderen a exacta natureza do contrato que asinaron. Símplemente deixaronse levar pola cega confianza que tiñan no correcto asesoramento do seu “amigo” da Caixa, como case sempre ten acontecido.

     Directores e empregados de sucursales a cotío son presionados dende os Servizos Centrais para “cumprir obxectivos” a base de colocar productos financeiros que en moitísimos casos nin siquera eles mesmos comprenden. 

     Bótanos a éles por diante para que, abusando da confianza que os clientes teñen neles baseada nunha relación de cercanía moi persoal, poidan colocar os seus fraudes facéndolle suscribir eses produtos a persoas que en moitos casos non teñen a capacitación axeitada para entender os contratos que van asinar. Téñense dado casos de persoas cegas, discapacitados mentais, analfabetos, etc. 

     En calquera caso case sempre a clientes descoñecedores destes productos financeiros de alto risco, porque, entre outras razóns, os verdadeiros inversores que sí entenden destas cousas non están dispostos nestes tempos a INVERTIR en entidades QUEBRADAS. 

     Indubidablemente existen motivos de sobra para castigar penalmente ós membros dos Consellos de Administración desas Entidades por coaccionar ós seus empregados a cometer estas enganos no seu nome, no afán por conseguir como fose novos inversores accionistas con que tapar os buratos que provocou nas contas de resultados a súa fatídica xestión.


     Todas estas prácticas tuveron éxito nun tempo mentres a economía camiñaba en franca expansión, pois os beneficios repartíanse para todos (bueno, para eles sempre mais) pero, ...ai que carallo! A burbulla estoupou e enjanchounos a todos cós pantalons baixos, incluíndo a todo o sistema bancario, que da noite prá mañán non poideron garantir a palabra dada a moitos dos seus millores clientes.

     Quén nos diría hai uns anos que os Bancos, ós que todos considerabamos a personificación da sensatez e da responsabilidade se ían converter nesa especie de “carteristas” de luba branca que hoxe se amosan ante os nosos asombrados ollos.

     A solución a estas actuacións dos “listillos” de antes debería ser poñelos “á sombra” unha boa tempada en recompensa ós tristes servizos prestados. E por suposto, repoñer INTEGRAMENTE nas contas correntes dos afectados a TOTALIDADE dos cartos comprometidos nestas estafas.

     A lista de delictos non é pequena, e resultaría certamente mais doado se contásemos cunha clase política menos “encariñada” coa Banca ou millor dito cós banqueiros, que hoxendía mais semella protexer estas noxentas conductas mirando para outro lado, e encubrindo míseramente as súas comedelas con favores que viaxan nas dúas direccións. 

     Coidado, que a algúns o xoguete pódelle estoupar nas mans.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

>>> Pódeste expresar libremente, só limitaremos o conteúdo ó obrigatório respecto que todos nos merecemos.